|
¿Cal é o horario
da Biblioteca?
A biblioteca tén un horario ininterrumpido dende as 8.30 ás
21.30 horas. En periodo de vacacións ten un horario especial.
¿Quen pode utilizar
os servicios da Biblioteca?
Calquera usuario pode facer uso dos seus servicios, aínda que se
quere sacar en préstamo algún documento terá que
ter carnet da Biblioteca. Todos os alumnos matriculados na Universidade
da Coruña recibirán unha tarxeta magnética coa que
poden sacar documentos, ao igual que o persoal da Universidade. Se non
pertence á Universidade terá que facer un carnet de usuario
externo.
¿Que preciso para
facer un carnet de usuario externo?
Deberá cubrir unha solicitude alegando os motivos polos que desexa
facer uso dos servicios da Biblioteca, que será valorada pola Dirección
da mesma. Precisa ademáis unha fotografía e copia do DNI.
UTILIZACIÓN
DOS SERVICIOS DA BIBLIOTECA |
¿Cantos documentos
podo levar en préstamo e por canto tempo?
O
número de obras que poden ser solicitadas en préstamo e a duración do
mesmo, varía según o tipo de usuario:
|
Usuario
|
Obras
|
Días
|
|
Estudantes e PAS |
6 |
10 |
|
PFC Doutorado e Master |
10 |
21 |
|
Docentes |
100 |
por curso |
|
Investigadores |
25 |
por curso |
|
Autorizados |
3 |
10 |
Pódese renovar o período de préstamo de tódolos
documentos tantas veces como sexa necesario, sempre e cando o documento
non teña unha reserva (non haxa ninguén esperando a súa
devolución). As renovacións se poden facer por teléfono
chamando ao 981 16 70 00, extensión 5001, por internet a través
do rexistro de usuario no catálogo da biblioteca da UDC, ou persoalmente
en calquera biblioteca de UDC.
¿Qué teño
que facer para levar un libro en préstamo?
Os libros están en libre acceso. Ti mesmo deberás coller
o libro que desexas, o levas ó mostrador da entrada da Biblioteca
e alí se realizará o préstamo.
¿É necesaria
a tarxeta da Universidade para sacar un libro?
É preciso identificarse para sacar un libro. Ó mellor é
que presentes a tarxeta magnética, ao estar o préstamo automatizado
é o máis rápido e doado para o persoal da Biblioteca.
Se non a tés deberás presentar calqueira outro documento
de identidade (DNI, pasaporte…). Non poderás sacar libros
sen algún carnet.
¿Como están
ordenados os documentos?
Están ordenados en grupos por materias (a cada materia lle corresponde
un número) e dentro de cada materia seguen unha orde alfabética
por signatura. Nas estanterías tés indicadas as referencias.
¿Que é a signatura?
É un conxunto de números e letras que aparecen nunha etiqueta
no lomo do libro e nos indican a súa localización.
¿Que ocurre se non devolvo o documento que teño en préstamo no prazo estipulado?
Por cada día de retraso na devolución de cada documento
que tés en préstamo serás sancionado cunha multa,
cando chegues a 10 quedarás bloqueado. Esto quere decir que non
poderás sacar ningún documento ata que remate o bloqueo,
que será de tantos días coma multas teñas.
¿Como podo saber se
a Biblioteca tén o libro que busco?
Para atopar calquera documento o primeiro que debes facer é consultar
o
catálogo
da Biblioteca, nel atoparás o documento e a súa localización.
¿Podo levar en préstamo
calquera documento?
No catálogo da Biblioteca aparece o estado do Documento, se está
en Préstamo ou se está Excluído de Préstamo.
Tamén aparecerá a data de devolución do mesmo no
caso en que éste esté prestado. Podes consultar a
Normativa
de préstamo da Biblioteca.
Non sei consultar
o catálogo da Biblioteca. ¿Como teño que facer?
Na Biblioteca temos guías impresas sobre cómo consultar
o catálogo, tamén podes baixar unha
guía
de consulta da páxina web. Se o prefires calquera do persoal
da biblioteca pode ensinarte. A principio de curso hai formacións
de usuarios sobre o manexo do catálogo e a utilización de
tódolos servicios.
¿Podo levar en préstamo
unha revista?
As revistas non se prestan. Terás que consultalas na Biblioteca.
Dispós de fotocopiadoras na sala de rexistro para facer copia das páxinas que precises. Se o prefires
podes escaneala, tes dous scaner á túa disposición.
¿Podo levar en préstamo
un vídeo, DVD ou CDROM?
Están suxeitos á mesma normativa de préstamo que o resto dos materiales.
Perdín un
documento que tiña en préstamo. ¿Que teño que facer?
A Biblioteca é de todos e polo tanto o seu contido. Ti és
o responsable de calquera documento que teñas en préstamo,
polo que se o perdes a
Normativa
de préstamo da Biblioteca establece que terás que restituílo
por outro da mesma edición, se estivera esgotado deberás
abonar o seu importe á Biblioteca para que ésta merque outro
de similares características.
Preciso un libro
que non temos na Biblioteca, pero está noutra Biblioteca da Universidade.
¿Como podo pedilo en préstamo?
Nesta Biblioteca podes solicitar calquera documento que se preste que
apareza no catálogo, sexa cal sexa a súa localización.
Existe un servicio de préstamo intercentros. O préstamo
se realizará na túa Biblioteca, se así o desexas,
sen ter que desprazarte. As condicións de préstamo serán
as mesmas que na túa biblioteca.
Preciso un libro
que non está en ningunha das Bibliotecas desta Universidade, ou
sexa, non aparece no catálogo.
En primeiro lugar debes solicitar á biblioteca que o adquira. En caso de
que non sexa posible porque xa non se edite podes facer uso do servicio de
Préstamo
Interbibliotecario. Este servicio tén un coste que dependerá
da Biblioteca á que se solicite. Os profesores e alumnos de Terceiro
Ciclo están exentos do pago das tarifas. A través deste
servicio tamén podes solicitar copias de artigos de revista que
non teñamos nesta Universidade.
¿Como podo solicitar
a compra dun documento?
No mostrador da entrada tés Desideratas para cubrir cos datos da
obra que desexas solicitar para a Biblioteca.
¿Onde podo mercar
unha tarxeta para a fotocopiadora?
As fotocopiadoras que hai na Biblioteca pertencen ao servicio de Reprografía
e é alí onde venden as tarxetas.
¿Onde podo consultar
as bases de datos?
En calquera dos ordenadores da Universidade que estén
conectados á rede de investigación.
¿Como podo aprender
o manexo das bases de datos?
Podes anotarte aos cursiños que impartimos a principo de curso
sobre manexo de bases de datos, ao igual que aos xerais sobre a Biblioteca
e os seus servicios. Tamén podes solicitar que alguén te
ensine calquera a utilización de calquera das bases de datos que
temos subscritas. No apartado
Bases de datos
tés guías de uso dalgunhas das bases de datos.
¿Como podo consultar
as revistas electrónicas?
No apartado
Consulta de Revistas da web da
Biblioteca tés toda a información que precisas. Se segues
tendo dúbidas non dudes en consultar ao persoal da Biblioteca.
Preciso facer unha
busca bibliográfica. ¿Por onde teño que comezar?
Podes solicitarnos calquera busca bibliográfica e o persoal da
biblioteca se encargará de facela. Na Bibioteca tés formularios
de buscas para cubrir. Se prefires facela ti mesmo podemos indicarte o
camiño máis axeitado e axudarte no que precises. Na Biblioteca
tés todos os recursos necesarios: acceso a catálogos, bases
de datos, internet…
¿Podo sacar unha tese
ou un Proxecto de Fin de Carreira en préstamo?
Tanto as teses como os Proxectos de Fin de Carreira están excluídos
de préstamo, salvo no caso de que estén publicados. Se desexas
consultalos terás que facelo na Biblioteca.
Non poderás tampouco facer fotocopias ou reproducilos por calqueira
outro medio, nin sequera en parte. A lexislación sobre Propiedade
Intelectual non o permite.
¿Podo facer traballos
ou imprimir calquera documento persoal na Biblioteca?
A Biblioteca é únicamente para investigación, se
queres imprimir traballos ou facer traballos en grupo que precisen de
ferramentas de Microsoft Office terás que ir á sala de ordenadores
no 5º andar.
¿Teño algún
xeito de distinguir na biblioteca a bibliografía recomendada polos
profesores?
Existe unha
Bibliografía recomendada
colgada na web da biblioteca da UDC, pero convén que consultes cos teus profesores
xa que pode haber algunha variación. Cada ano os profesores avisan
de determinadas obras que estarán durante un tempo como bibliografía
recomendada e esas quedarán excluídas de préstamo.
|