Necesita actualizar o seu Flash Player.
Se non empeza automáticamente a actualización do seu navegador nuns segundos,
pode facelo manualmente pulsando a seguinte ligazón: FlashPlayer
Grazas e perdoe as molestias.

  Novas vixentes      
  Novas anteriores:
|1
| 2 | 3 | 4 | 5 |
 Información sobre o Plan de Estudos 2010
Información sobre Calidade e Planificación Estratéxica
Novidades da Comisión da ETSAC
 

Proxecto Fin de Carreira

 

Publicacións dixitais

  Utilidades
  Programas oficiais de posgrado:      
  Videoteca      
 

NOVIDADES DA COMISIÓN DO PLAN DE ESTUDIOS
23/03/2009

Reunida a comisión o dia 12 de marzo de 2009, dáselle saída ao documento "Planificación del plan de estudios", para xeral coñecemento da situación na que se encontra actualmente o proceso de redacción do plan de estudios conducente ao título de GRADUADO EN ARQUITECTURA POLA UNIVERSIDADE DA CORUÑA.

Descargar Máis información
(doc)136 Kb.

PROPOSTA DE ORGANIZACIÓN DO PLAN DE ESTUDIOS
18/11/2008

Esquema actualizado a 11.09.2008

Descargar Esquema
(pdf) 50,7 Kb.

COMISIÓN. 17.11.2008

Aprázase para un momento posterior o estudio do modo de implantación –gradual, total, progresivo...- do novo plan. Acordándose analizar o que se faga noutras escolas.

A comisión dase de prazo unha semana para que os departamentos conclúan o envío dos documentos nos que se concretan os nomes e esquemas de contidos das novas materias do futuro plan.

A vindeira reunión celebrarase o lúns 24.11.2008 / 10:00 h

A DIRECCIÓN DA ETSAC ASISTE A UNHA NOVA SESIÓN DA CONFERENCIA DE DIRECTORES DE ESCOLAS
21/10/2008

Celebrarase o venres 24 na Escuela Superior de Arte y Arquitectura da Universidad Europea de Madrid.

Na orde do día está prevista unha reunión con Carlos Hernández Pezzi, Presidente do Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España e Rafael Pellicer, responsable das relaciones coa Unión Europea do CSCAE, sobre a incorporación dos novos títulos de graduado en arquitectura á lista da Directiva Europea.

Completará a sesión a exposición en común da situación actual do proceso de implantación do novo plan en cada escola.

Resultado da reunión:
27/10/2008

A Conferencia de Directores acordou iniciar os trámites para constituírse legalmente en asociación, designando unha comisón xestora formada polas EE.TT.SS.AA. de Madrid, Barcelona, Sevilla, Valencia, Coruña e Navarra.

Deuse coñecemento da situación na que se encontra o proceso de redacción dos novos plans de estudios, encontrándose unha ampla variedade de situacións que van dende a de escolas de nova creación como Cartagena, Zaragoza ou Católica de Murcia que nacen co novo plan. Outra como a Europea de Madrid que xa o adaptou. Outras como a Internacional de Catalunya, Reus ou La Salle que o teñen listo para someter a validación e Barcelona e Vallés que confían telo listo para implantar no 2009. A situación das escolas de Alicante, San Sebastian e Valladolid, que non iniciaron aínda o proceso, contrasta coa da meirande parte das escolas, entre elas a de Coruña, que traballan para implantar o novo plan no 2010.

Anteriores 1 2

 

trans

     

 
 
trans
  data: | 2006 © Escola Técnica Superior de Arquitectura, A Coruña. _imprimir a páxina