Necesita actualizar o seu Flash Player.
Se non empeza automáticamente a actualización do seu navegador nuns segundos,
pode facelo manualmente pulsando a seguinte ligazón: FlashPlayer
Grazas e perdoe as molestias.

  Novas vixentes      
  Novas anteriores:
|1
| 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |8 |
 Información sobre o Plan de Estudos 2010
Información sobre Calidade e Planificación Estratéxica
Blog sobre o Plan de Estudos 2010
 

Proxecto Fin de Carreira

 

Publicacións dixitais

  Utilidades
  Programas oficiais de posgrado:      
  Videoteca      
 

PROXECTO DE INVESTIGACIÓN
07/05/2008

 

A LVZ DE LVPO
Luns 12 maio 10h. Planta O ETSAC
07/05/2008

Máis información en http://www.ferminblanco.com/

PRIMEIRO "MARATóN" DE DEBUXO
09 de maio/12:00 a.m./ Lugar de encontro: Enfronte Quiosco Alfonso
15/04/2008

Primer Maratón de Dibujo

Punto de encontro: Enfronte do Quiosco Alfonso.
12 a.m. Venres 9 de maio 08
Prezo: Gratis.
Traer: Block e utensilios de debuxo segundo preferencias
Nota: Participación aberta a TODO O MUNDO.


Máis información |+|

SEMINARIO: POSIBILIDADES AUTOCAD ARCHITECTURE 2009
Xoves 8 de maio de 2008. 18:00
07/05/2008

22 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DA TERRA
22/04/2008


*Detalle de obra de urbanización recente no Concello de Oleiros

Desde hai 37 anos, o día 22 de abril celébrase o ignorado e pouco vistoso Día da Terra. Unha celebración universal, non oficial, que compartimos.

Aínda considerando que todos os días son o día da terra, esta xornada invítanos a avaliar a pegada da acción humana e en particular, a dos arquitectos, sobre o planeta.

Esforzándonos por non abrazar o discurso catastrofista, é fácil en Galicia caer no desalento con só mirar ao noso ao redor. Falamos da insostible mobilidade nas nosas cidades, da ordenación do territorio que devora insaciablemente recursos e paisaxes e por suposto da actividade construtiva irracional tanto de infraestruturas como do noso propio hábitat en todas as súas escalas e con todo tipo de promotores. Individuos anónimos, grandes empresas e administracións públicas de todo cor e tamaño parecen querernos condenar hoxe á autodestrución do noso soporte vital.

A reversión do proceso de degradación ambiental é unha responsabilidade colectiva, na que os arquitectos e urbanistas debemos sentirnos obrigados a actuar.

O adiministrador de www.udc.es/etsa  Plácido Lizancos Mora

Máis información http://www.earthsite.org/

CONFERENCIA "ch+qs CHURTICHAGA + QUADRA-SALCEDO Arquitectos"
30 de abril/12:00 salón de actos da ETSAC
25/04/2008

A UDC ANUNCIA A PRIMEIRA CONVOCATORIA DE PRAZAS PARA A MOBILIDADE DE ESTUDANTES NO MARCO DE CONVENIOS BILATERAIS PARA O CURSO 2008/2009
16/04/2008

Ábrese esta convocatoria para cubrir prazas de intercambio de estudantes para o curso académico 2008/2009

Descargar Convocatoria
(pdf) 126 Kb.
Descargar Oferta de prazas
(pdf) 97 Kb.

UN ESTUDANTE DA ETSAC, FINALISTA NO CONCURSO DA BIENAL DE ARQUITECTURA IBEROAMERICANA
16/04/2008

Borja Fernandez Rodriguez é un dos catro finalistas do 3ero concurso de ideas na rede para estudantes de arquitectura de Iberoamérica cunha proposta para a resolución de marxinalidades temporais no mundo rural español.

http://registrobiau.webs.upv.es/16-galeria.html

RECOÑECEMENTO INTERNACIONAL AOS PROFESORES PATRICIA SABIN E ENRIQUE BLANCO
16/04/2008

O European Centre for Architecture Art Design and Urban Studies, côn sé en Dublin www.europeanarch.eu  e o Chicago Athenaeum: Museum of Architecture and Design veñen de anunciar a selección de arquitectos máis prometedores e emerxentes "EUROPE 40 UNDER 40" para o 2008. Nesa selecta lista foron incluídos os profesores da ETSAC, PATRICIA SABIN y ENRIQUE BLANCO.

Descargar Dossier prensa
(pdf) 512 Kb.

 

EXPOSICIÓN DE PROXECTOS FIN DE CARREIRA
25/03/2008

Escolma das convocatorias decembro 2006 / febreiro 2007

Na área de exposicións da ETSAC.

RELACIÓN DE ESTUDANTES ADMITIDOS NAS ACTIVIDADES DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA PROPIAS DA ETSA
24/03/2008

Realizado o sorteo, en colaboración coa delegación de estudantes, de entre os alumnos inscritos en tempo e forma resultaron aceptadas as propostas dos alumnos que figuran no seguinte arquivo:

Descargar Estudantes admitidos/as
(pdf) 6 Kb.

CONVOCATORIA DE ACTIVIDADES DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA, PROPIAS DA ETSAC
07/03/2008

Curso de galego para a edificación. Celebrarase os días: 7, 8, 14, 15, 21, 22, 28 e 29 de abril.

Descargar Descargar información ampliada
(pdf) 5 Kb.

Visitas a pé de obra. Celebrarase os días: 4, 11, 25, 28 de 29 de abril e 9 de maio.

Descargar Descargar información ampliada
(pdf) 6 Kb.

Recoñecemento da industria da construcción. Celebrarase os días: 11, 25, 28 de abril

Descargar Descargar información ampliada
(pdf) 6 Kb.

SEMINARIO ESCOITAR. Hacia unha experiencia acústica do espazo urbano. O seminario dividirase en dúas xornadas (catro sesións de dúas horas cada unha) os días 17 e 18 de abril.

Descargar Descargar información ampliada
(pdf) 16 Kb.

ARQUITECTURA, TIERRA Y PALMERAS EN SKOURA.
08/04/2008


Ven de abrirse na área de exposicións da ETSAC esta mostra, producida pola FUNDACIÓN CAIXA DE ARQUITECTOS e comisariada por Vicent Soriano Alfaro. Estará na ETSAC ata o 25 de abril.

CONFERENCIA “reciclando a non cidade ”
24 de abril/12:30 / Aula Magna e-1 da ETSAC

19/04/2008

 

CONFERENCIA “HORMIGONES ”
23 de abril/10:00 / Aula Magna da ETSAC

19/04/2008

CONFERENCIA “RCR Aranda Pigem Vilalta Arquitectes”
23 de abril/12:30 / salón de actos da ETSAC

18/04/2008

 

SEMINARIO ESCOITAR. Hacia unha experiencia acústica do espazo urbano
16/04/2008

ESTUDANTES ADMITIDOS
Alarcón Fernández, José Manuel
Ariza González, Aida
Romo Sandoval, Ángel
Iglesias Martinez, María
De la Iglesia García. Melisa
Rey Calveiro, Sonia
Grande Seijas, Pilar
Almeida Álvarez, Lorena
Varela García, Iria
Argüelles García, Coral
Varela Rodríguez, Jimena
Botana Olañeta, Laura
Diaz Calvo, Irene
Grande Nieto, Victor
Di Felice Vázquez, Mario
Vila Dacal, Tamara
Taboada Vázquez, Belén
Enríquez Zarabozo, Elena
Rodríguez Olveira, Breixo
González Álvarez, Sandra

DEBERÁN PASAR POR SECRETARÍA DE DIRECCIÓN A RECOLLER MATERIAL E CONFIRMAR ASISTENCIA. Solicitarase 1 Crédito Libre Configuración

HORARIO
1ª sesión: xoves 17/16:00h
2ª sesión: venres 18/09:30h
LUGAR
Salón de graos / Edif. Departamentos

Descargar Programa do seminario
(pdf) 352 Kb.

CONFERENCIA “DISTRITO ACTIVO ”
17 de abril/19:00 / salón de actos da ETSAC

14/04/2008

CONFERENCIA: JOSÉ ANTONIO LOZANO, OBRAS E PROXECTOS
13/03/2008
Xoves 10.04.08 / 12:30 Salón de actos ETSAC

Xoves 10.04.08 / 12:30 Salón de actos ETSAC

O arquitecto de Valladolid, profesor da ETSAV, presentará o museo etnográfico de Zamora e outras das súas obras.

Descargar Descargar Currículo reducido
(pdf) 8 Kb.
Descargar Descargar cartaz conferencia
(pdf) 179 Kb.

INICIO DAS ACTIVIDADES DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA PROPIAS DA ETSAC
31/03/2008

O venres día 28 de marzo iniciáronse as actividades programadas: Visita á canteira de Europizarras, na Fonsagrada e á Casa da Auga, na Coruña.

Na primeira actividade os alumnos, acompañados do profesor Plácido Lizancos visitaron as instalacións da empresa –canteira e naves de producción de pezas para solados, fachadas e tellados- recibindo as pertinentes explicacións por parte da empresa. Finalmente os asistentes foron obsequiados cunha mostra do material e unha comida.

Á visita á Casa da Auga foi guiada por Xosé Manuel Casabella, arquitecto autor do proxecto, quen explicou os pormenores técnicos e de deseño deste edificio.

Á primeira das visitas asistiron 5 estudiantes dos vinte inscritos, sumándose 2 sobre a marcha e á segunda, 13, dos 25 apuntados, adheríndose in situ outros 3.

COMUNICADO DA SUBDIRECCIÓN DE  EXTENSIÓN UNIVERSITARIA DA ETSAC
31/03/2008

Diante da moi escasa asistencia ás actividades: VISITAS A EMPRESAS DE CONSTRUCCIÓN e VISITAS A PE DE OBRA, dos estudiantes inscritos nas mesmas, malia o recoñecemento oficial de créditos de libre configuración que estas actividades dispuñan, e realizadas as pertinentes consultas

DETERMíNASE:

a SUSPENSIÓN INMEDIATA E INCONDICIONAL das VISITAS A EMPRESAS DE CONSTRUCCIÓN e das VISITAS A PE DE OBRA.

Apélase á responsabilidade persoal e colectiva dos inscritos no CURSO DE GALEGO PARA A EDIFICACIÓN e SEMINARIO ESCOITAR, para garantir a realización destas actividades aínda non iniciadas.

O que se informa aos efectos oportunos, a 31 de xaneiro de 2008

 Asinado:

Plácido Lizancos

XORNADAS: "A VIVENDA E A PAISAXE"
29/02/2008

Lugar de celebración: Sala do Colexio de Arquitectos, Rua de Teresa Herrera, A Coruña
Entrada libre
Dias e horas: vários. Ver programa

Descargar Descargar programa
(pdf) 2,5 Mb.

A Fundación Juana de Veja www.juanadevega.org/ga/actividades/conferencias creou no ano 2004 un premio anual de arquitectura para premiar a mellor vivenda unifamiliar rematada no espazo non urbano de Galicia. A Convocatoria permite tamén a concesión de accésits.

Un obxectivo principal do premio é a difusión de exemplos de vivendas axeitadas para o espazo non urbano de Galiza, que respecten o entorno e manteñan a calidade paisaxística do territorio.

Co albo de debater a integración da vivenda no entorno natural do pais, a Fundación e a Delegación da Coruña do COAG organizan as xornadas “A VIVENDA E A PAISAXE”, e unha exposición “Vivendas destacadas nos premios Juana de Vega de Arquitectura 2004-2007” que permanecerá aberta ao público na sede do Colexio da Coruña do 21 de febreiro ao 31 de marzo.

PRESENTACIÓN TÉCNICA DE TRICALC
26/03/2008

O Departamento de Tecnoloxía da Construción e a materia de Proxectos de Estruturas I en colaboración coa empresa Artek anuncia a celebración dunha presentación técnica de TRICALC para estudantes e profesores.

Celebrarase no salón de actos da ETSAC o venres 28 de marzo ás 11:30 da mañá

CONFERENCIA. DÍAZ Y DÍAZ arquitectos
26/03/2008

O xoves 27.03.2008, ás 12:30h no salón de actos, os integrantes deste estudio, xurdido da ETSAC falarán da súa obra SEN TRAMPA NEN CARTÓN

PRIMEIRA VISITA A PE DE OBRA: CASA DA AUGA
25/03/2008

Lugar: Rúa de Manuel Murguía (detrás do estadio de Riazor), A Coruña
Hora: 13:00
Día: 28.03.2008
Punto de encontro: entrada principal

PRIMEIRA VISITA A INDUSTRIAS DA CONSTRUCCIÓN: EUROPIZARRAS
25/03/2008

Lugar: A Fonsagrada, Lugo
Lugar de saída do bus: Parada de buses, Praza do Campus, acceso superior da ETSAC
Hora de saída do bus: 9:00h
Día: venres, 28.03.2008
Hora prevista de retorno: 17.00h

http://www.europizarras.net/

Lugar de retorno do bus: Parada de buses, Praza do Campus, acceso superior da ETSAC

MANOLO GALLEGO. CORENTA ANOS DE ARQUITECTURA.
Palestra maxistral.

24/03/2008

O ámbito científico e o ámbito cultural sempre camiñaron da man. A ciencia constitúe un elemento esencial da cultura que serve para achegar ideas ás grandes problemáticas de todos os tempos. O Consello da Cultura Galega, a Dirección Xeral de I+D+i da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e as tres universidades galegas organizan o ciclo de palestras maxistrais co obxectivo de que grandes expertos dos sistema científico e universitario do noso pais compartan a súa visión da evolución cultural e científica de Galicia dende cadansúa disciplina. Estas tribunas permitirán periodicamente a presencia de destacados persoeiros que exportarán o seus puntos de vista científicos vinculándoos coa tradición cultural galega e co futuro do pais. Un recoñecemento da cultura galega á súa excelencia científica e intelectual.

Data 25 de marzo de 2008
Hora 17.00 horas
Lugar Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Pazo do Obradoiro s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel. 981 957 202; Fax 981 957 205
Mais info en http://consellodacultura.org/

CONFERENCIA DE J.M. DE LA PUERTA "A VIVENDA COLECTIVA"
13/03/2008

Librería Formatos: 14 de marzo do 2008 ás 20:00 horas.
Acceso libre ata completar aforamento

Descargar Descargar cartaz conferencia
(pdf) 116 Kb.

COMISIÓN PERMANENTE 06.03.2008
06/03/2008

 Acordos da comisión permanente reunida no día da data 

  • PROPOSTA DE DONOMINACIÓN DO GRADO: ARQUITECTO

  • RESPONSABLE DA TITULACIÓN: María Jesús Dios Vieitez, xefa de estudios. Terá a misión de realizar o seguimento das Guías docentes das diversas materias da ETSAC

  • COORDENADORES DAS GUÍAS DOCENTES: Serán os profesores designados polos departamentos. Os coordinadores serán os únicos acreditados para modificar dixitalmente as Guías Docentes xa publicadas.(Listado de coordinadores (pdf) 11 Kb.)

  • CALENDARIO DE ELABRORACIÓN DAS GUIAS DOCENTES:Serán entregadas polos coordinadores antes das 14:00h do 30.04.08, mércores.
    Os directores dos departamentos revisaranas antes das 14:00h do 15.05.2008

  • PROFESOR DE APOIO Á SUBDIRECCIÓN: Desígnase a José Ramón Garitaonaindía como profesor de apoio do subdirector Cristóbal Crespo na misión de COORDENACIÓN HORIZONTAL DAS MATERIAS DE PRIMEIRO CICLO

  • COORDENADORES NO MÁSTER DE ARQUITECTURA DA PAISAXE: Xosé Lois Martínez e Amparo Casares son designados coordinadores, en representación das áreas de Urbanismo e Proxectos, respectivamente no máster interuniversitario de ARQUITECTURA DA PAISAXE.

  • PERÍODO DE EXAMES CUADRIMESTRAIS: Acórdase solicitar da UDC a suspensión da docencia no primeiro curso durante o período de celebración dos exames de fin de cuadrimestre. Este período non será superior a 15 días, nin inferior a 10 e deberá acomodarse no calendario global do curso.

  • COORDENACIÓN NAS DATAS DOS EXAMES E ENTREGAS: O representante dos estudiantes solicita coordinación nas datas de exames e entregas a fin de minimizar a carga sobre os estudiantes.
    Acórdase requirir das distintas materias a publicación do calendario de exames e entregas principais antes do inicio do curso, para o seu coñecemento xeral e minimizar os conflitos

PLANTAS ACTUALIZADAS DA ETSA
06/03/2008

Plantas actualizadas da ETSAC en DWG y PDF

Descargar PLantas ETSA
(pdf) 461 Kb.
Descargar PLantas ETSA
(dwg) 1,47 Mb.

REAPERTURA DO TALLER DE MAQUETAS
29/02/2008

O luns 3.3.2008 reabre o taller de maquetas da ETSAC co seu horario habitual, atendido por las bolseiras Xiana Vázquez, Silvia Parada e Paula Pereiro.

Luns-xoves : 15:00h > 21:30h

Venres: 10:00h > 16:00h

O taller -situado na planta -1 do Edificio de Departamentos- dispón dun amplo e actualizado surtido de ferramentas e maquinaria, de uso libre.

MONOGRAFÍA "ESCOLMA DE PROXECTOS FIN DE CARREIRA"
[21/02/2008]

Ven de ser publicada pola ETSAC a monografía ESCOLMA DE PROXECTOS FIN DE CARREIRA. Recolle os proxectos de cualificación destacada, defendidos na Escola nos anos 2005 e 2006. Publícase coa colaboración do Colexio de Arquitectos de Galicia e de SUTEGA.

ISBN 978-84-9749-259-1 PVP 15 euros

Está á venda na tenda da ETSAC e na librería Formatos www.libreriaformatos.com que a distribúe.









 

 

 

trans

     

 
 
trans
  data: | 2006 © Escola Técnica Superior de Arquitectura, A Coruña. _imprimir a páxina