Situación e capacidade

A Universidade da Coruña conta con aulas de estudo tanto na Coruña como en Ferrol, cunha capacidade total de 1546 postos.

Na Coruña, as aulas están situadas no Centro Universitario de Riazor (CUR, campus de Riazor, rúa Almirante Lángara s/n, 15011 A Coruña), e no Edificio Xoana Capdevielle (campus de Elviña). No Centro Universitario de Riazor, trátase de dúas aulas cunha capacidade total de 444 postos, que ocupan a totalidade do primeiro andar. No Edificio Xoana Capdevielle, a aula de estudo ten unha capacidade de 678 postos.

En Ferrol, as aulas están situadas no Edificio de Apoio ao Estudo, situado no campus de Esteiro (Avenida de Vigo, s/n. Campus de Ferrol - Esteiro, 15403 Ferrol). Contan cunha capacidade de 424 prazas repartidas en dúas aulas.