Oferta de bolsa en IDOM

A empresa IDOM está interesada en incorporar algunha nova persoa na súa oficina o máis axiña posible.

Sería unha incorporación inicial de período de bolsa e con posibilidade de incorporación estable, se cumpren as expectativas da empresa.

Os perfís nos que están interesados serían os seguintes:

- Grao de Enxeñería Mecánica
- Grao de Enxeñería en Tecnoloxías Industriais
- Máster en Enxeñería Industrial

Principalmente orientada a estudantado a piques de terminar os seus estudos ou a falta do proxecto final con orientación cara á especialidade eléctrica, mecánica e construción.

Buscan persoas activas, dinámicas e resolutivas cun bo expediente académico e nivel de inglés.

Os/as interesados/as poden enviar o seu CV a empresa.eps@udc.es


 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000