Oferta de emprego enxeñeiro/a mecánico ou industrial empresa Easimov

Asimov Efficiency (www.easimov.es) está interesada en incorporar ao persoal da súa empresa a un enxeñeiro con experiencia en fabricación de maquinaria e dominio do programa SolidWorks.

A empresa naceu fai un par de anos e está en plena fase de crecemento.

Buscan persoas moi competentes, comprometidas co proxecto, enfocadas a resultados a curto prazo e cun alto sentido da responsabilidade.

Os interesados deben enviar o seu CVitae a Dª Cristina Vázquez Ferreiro (c.vazquezh@udc.es).


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000