Oferta de emprego PROYFE

Na empresa Proyfe (Polígono Industrial da Gándara; Narón) están a buscar un enxeñeiro para traballar en asuntos relacionados con aforro enerxético e enxeñería ambiental.

Precisan un titulado de grao medio (Grao) ou superior (máster), recentemente terminado ou a piques de terminar.

Os interesados deben enviar o seu CV a energia@proyfe.com, con copia a santiagofyuste@gmail.com.


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000