O xurado do II Concurso de Traballos Académicos Redactados en Lingua Galega, reunido na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior o 22 de outubro de 2012, resolveu:
- Declarar deserto o primeiro premio.
- Concederlle o segundo premio ao traballo Enerxía eólica offshore, da materia Xestión e Administración de Empresas. O autor deste traballo é Anxo Méndez Amenedo.
- Outorgarlle un terceiro premio ao traballo Accidente de Chernobyl. Consecuencias, da materia Tecnoloxía Nuclear. A autora deste traballo é Alba Cerqueira León.