Oferta de emprego para investigador/a ITMATI-OT-02/2015

Convocatoria para a contratación dun  investigador/a para o proxecto “Misiones críticas de emergencias con medios aéreos tripulados y no tripulados en vuelo cooperativo”.


As persoas interesadas neste contrato deberán enviar , antes do 10 de abril de 2015 ás 14 horas as solicitudes, que deberán incluir unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante coas experiencias adicionais a valorar na convocatoria, currículum vitae ( con teléfono móbil e correo electrónico) e o expediente académico de Grao/Licenciatura/Enxeñaría, Mestrado e Doutoramento.

Se os candidatos o estiman oportuno tamén poderán achegar á súa solicitude cartas de recomendación. Toda a documentación se remitirá ao seguinte enderezo de correo electrónico itmati@itmati.com , indicando no “asunto” a referencia da oferta ITMATI-OT-02/2015.

Os detalles da convocatoria pódense consultar no documento anexo.

Toda a información en relación a esta convocatoria publicarase na web de ITMATI https://www.itmati.com/
 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000