Oferta de emprego Unidade Mixta de Investigación (UMI)-ITMATI Repsol

As liñas de investigación da Unidade Mixta (UMI) están relacionadas co desenvolvemento de técnicas matemáticas e computacionais que permitan resolver problemas de simulación numérica e optimización de gran tamaño e complexidade que xorden no Sector da Enerxía. O persoal que se incorpore nesta convocatoria realizará tarefas de investigación nalgúns dos seguintes ámbitos: modelización, optimización, simulación numérica (modelos EDP ´ s), programación e computación.

Os detalles da convocatoria pódense consultar no documento adxunto ou na propia web de ITMATI: REFERENCIA DA OFERTA: ITMATI-OT-08/2014. "Investigador/a para proxecto "UNIDADE MIXTA DE INVESTIGACIÓN (UMI) REPSOL - ITMATI.


ENVÍO DE SOLICITUDES


As persoas interesadas nestes contratos deberán enviar antes do 5 de DECEMBRO de 2014 ás 14:00 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante coas experiencias adicionais a valorar na convocatoria, curriculum vitae (con teléfono móbil e correo electrónico) e o expediente académico de Grao/Licenciatura/Enxeñaría, Máster e Doutorado. Se os candidatos o consideran oportuno tamén poderán achegar á súa solicitude cartas de recomendación. Toda a documentación se remitirá á seguinte dirección de correo electrónico: itmati@itmati.com indicando en "asunto" a referencia da oferta ITMATI-OT-08/2014. Unha vez recibidas as solicitudes confirmarase a recepción desta mediante correo electrónico.

Data inicio prevista: decembro 2014


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000