Grupos de Investigación

Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser (LAIL)

Cun labor investigador no campo do estudo teórico e modelización numérica da interacción láser-materia en aplicacións industriais do procesado de materiais con estes dispositivos.

Web propia: http://www.ii.udc.es/lail/index.htm

Laboratorio de Enxeñaría Mecánica (LIM)

A Enxeñaría Mecánica é unha área esencial para un amplo conxunto de actividades industriais, entre as que se inclúen o deseño, desenvolvemento, produción, xestión e control de sistemas de enxeñaría. A investigación, desenvolvemento e educación neste campo é a actividade principal do laboratorio.

Web propia: http://lim.ii.udc.es/

Grupo de Ciencia e Enxeñaría de Materiais (CIM)

A actividade científico-tecnolóxica do grupo concéntrase nas seguintes liñas de traballo:
• Caracterización térmica e mecánica de materiais
• Materiais compostos de matriz polimérica
• Tratamento de residuos siderúrxicos por vía húmida
• Comportamento tribolóxico de materiais metálicos

Web propia: http://www.ii.udc.es/cim/index.html

Grupo de Enxeñaría e Dirección de Proxectos (GEDP)

Investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+I) en metodoloxías, técnicas e ferramentas cuantitativas e cualitativas para os seguintes campos:
• A dirección de proxectos de calquera tipo (construción, informática, I+D, desenvolvemento, etc.) e, en especial, de proxectos de investimento que supoñan tanto a construción de infraestruturas coma de instalacións produtivas de empresas e a reforma ou ampliación das ditas infraestruturas.
• A xestión da incerteza e do risco de calquera tipo (de atrasos, de sobrecustos, de baixa calidade, de insuficiente rendabilidade, de accidentes, etc.), na dirección de proxectos e, en especial, no caso de proxectos de construción.
• Concepción e construcción de complexos industriais e empresariais.

Web propia: http://www.ii.udc.es/GRIDP/index.htm

Laboratorio de Análise Estructural (LAE)

Liñas de investigación:

• Cálculo lineal e non lineal de estructuras perante o Método de Elementos Finitos
• Deseño e análise de sistemas estructurales
• Cálculo de tensións e deformacións en sistemas mecánicos
• Deseño e análise de estructuras metálicas e mixtas
• Análise sísmico e de vibracións
• Deseño e análise de unións semiríxidas

 

Web propia: http://www.ii.udc.es/lae/portadalae/portada.htm

Grupo Integrado de Ingeniería (GII)

É un grupo multidisciplinar que desenvolve investigación en ámbitos moi variados dentro da enxeñaría e a computación.

Web propia: http://www.gii.udc.es/

Grupo de Modelización, Optimización e Inferencia Estadística (MODES)

Liñas de investigación
• Inferencia non paramétrica
• Datos dependentes
• Análise de supervivencia
• Aplicacións da estatística a outras ciencias
• Inferencia
• Teoría de xogos e Investigación Operativa

Web propia: http://dm.udc.es/modes/


Grupo de Investigación en Xeometría Diferencial

Liñas de traballo
• Estruturas xeométricas en Física
• Xeometría semi-riemanniana
• Xeometría integral

Web propia: http://dm.udc.es/geometry/es/node/27
 

 Propiedades térmicas y reológicas de materiales (PROTERM)

Líñas de investigación:
-Estudo das propiedades térmicas e reolóxicas dos materiais
-Eficiencia enerxética e regulación higrotérmica nas edificacións
Web propia: http://proterm.wikispaces.com/