Departamentos

Os departamentos adscritos ao centro son:

Departamento de Enxeñaría Industrial II
Imparte as materias correspondentes ás áreas de coñecemento de Ciencia dos Materiais e Enxeñaría Metalúrxica, Enxeñaría da Construción, Enxeñaría Mecánica, Enxeñaría Nuclear e Enxeñaría Química.

Web:http://www.ii.udc.es


Departamento de Enxeñaría Naval e Oceánica
A misión principal do departamento é a formación de enxeñeiros navais e oceánicos, para o que dispón dunha serie de instalacións e de laboratorios cunha grande cantidade de recursos, así como dun equipo docente de nomeada experiencia.

Non se limita unicamente á construción, deseño e recoñecemento de buques e artefactos autopropulsados, xa que, nos últimos anos, o sector da tecnoloxía "offshore" abre a estes enxeñeiros un novo campo de aplicación dos seus coñecementos.

Web: http://www.udc.es/dep/inyo/


Os departamentos non adscritos e con docencia no centro son:
• Análise Económica e Administración de Empresas
• Computación
• Enxeñaría Industrial
• Filoloxía Inglesa
• Física
• Matemáticas
• Métodos Matemáticos e de Representación
• Química Analítica