A Xunta da Escola é o órgano colexiado de goberno e representación do Centro, actuando como comisión delegada a comisión permanente. Existen outras comisións de carácter asesor ou informativo como: a Comisión Docente de Enxeñaría Industrial e a Comisión Docente de Enxeñaría Naval e Oceánica, a Comisión de Validacións, a Comisión de Proxectos Fin de Carreira de Enxeñaría Industrial e a Comisión de Proxectos Fin de Carreira de Enxeñaría Naval e Oceánica, a Comisión de Asuntos Económicos e Extensión Universitaria, a Comisión de Normalización Lingüística, a Comisión de Informática e Medios Audiovisuais e a Comisión de Biblioteca.
As funcións e estruturas de cada unha destas comisións está recollida no Regulamento de Réxime Interno da Escola Politécnica Superior de Ferrol, aprobado polo Consello de Goberno da UDC na súa sesión do día 20 de decembro de 2012 .
A composición actual da Xunta de Escola pode verse no documento:
Membros da Xunta de Escola (actualizado 16 maio 2013)
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000