Incorporación ao expediente do alumnado

O alumnado solicitará o recoñecemento segundo o procedemento que se recolle no artigo 20 do Regulamento sobre a libre elección, do 31 de maio de 2005, e nos prazos que estableza a convocatoria da matrícula para cada curso académico.

A Comisión de Planos de Estudo, na súa sesión de 19 de decembro de 2006, acordou que, excepcionalmente, e nos mesmos supostos que recolle o mencionado artigo, poderán recoñecerse os cursos e as actividades que xa figuren aprobados pola Comisión e que figuren publicados na páxina web para incluír na oferta do curso académico seguinte.