Recoñecemento de créditos de libre elección por cursos, seminarios, xornadas e congresos.
- A Comisión de Planos de Estudo (CPE) poderá recoñecer créditos de libre elección polos cursos, os seminarios, as xornadas e os congresos que organiza, imparte e/ou avale a UDC, outras universidades, institucións públicas ou entidades privadas.
- No caso de entidades privadas, esixirase o aval do/a decano/a ou director/a do centro ou do departamento, unha vez que se consulte á comisión académica/docente do centro ou, no seu caso, a comisión permanente do departamento.
Procedemento para a solicitude de recoñecemento de créditos de libre elección dos organizadores dos cursos, seminarios, congresos e outras actividades formativas.
- Para os cursos, os seminarios, as xornadas e os congresos que se vaian realizar, as peticións de concesión de créditos de libre elección débena realizar os seus organizadores ou os seus promotores á Vicerreitoría de Organización Académica, que as trasladará á Comisión de Planos de Estudos.
Na petición é preciso achegar a seguinte documentación:
- Impreso de solicitude de concesión de créditos.
- Unha breve descrición do seu contido.
- Aval do decano/director do centro ou departamento (no caso de entidades privadas que deberán solicitalo no Centro/Departamento).
- Programa, as datas de realización e o horario detallado.
- A Vicerreitoría de Organización Académica establecerá os prazos de cada unha das dúas convocatorias anuais de recepción de solicitudes, que se realizarán nos meses de setembro/outubro e marzo/abril. As solicitudes trasladaranse á Comisión de Planos de Estudos, a partir de cuxa decisión se concretará e publicará a oferta de cada curso académico.
- Os prazos para a solicitude de créditos por parte dos organizadores dos cursos e actividades son:
- Solicitude de profesores, centros, departamentos ou institutos da UDC a VOAT:
- do 1 de setembro ao 31 de outubro
- do 1 de marzo ao 30 de abril
- Solicitude das entidades privadas a decanos/directores (pola necesidade de aval):
- do 1 ao 30 de setembro
- do 1 ao 30 de marzo
- Remisión de solicitudes dos organizadores (incluíndo toda a documentación) desde os centros a VOAT:
- do 1 ao 31 de outubro
- do 1 ao 30 de abril
- Prazo de publicación da oferta de cursos, de seminarios etc:
- antes do 15 de novembro
- antes do 15 de maio