De acordo co Regulamento sobre a libre elección do 31 de maio de 2005, modificado polo acordo do Consello de Goberno de data 27 de marzo de 2009, e a demais normativa vixente e aplicable ao caso, a oferta de libre elección para o curso 2012-2013 está constituída por:
a) As materias optativas dos plans de estudo correspondentes á ordenación académica anterior que se ofrecen ao alumnado da mesma titulación e plan de estudos, segundo o que dispón o artigo 3.1 do Regulamento sobre a libre elección.
Ofertaranse como libre elección todas as materias dos plans renovados dos centros, tanto propios como adscritos, que estes centros decidan ofrecer como optativas en cada curso académico. A oferta de libre elección deste tipo de materias funcionará para todos os efectos como a das materias optativas.
O/a alumno/a realizará a matrícula de cada materia sen necesidade de especificar o seu carácter de optativa ou libre elección e sen necesidade de realizar preinscrición.
b) As materias optativas dos plans de estudos da ordenación académica anterior que se lle ofrecen ao alumnado de diferente titulación e/ou plan de estudos.
Poderán, se o centro así o decidir, ofertarse ao alumnado de diferente titulación e/ou plan de estudos, materias optativas dos plans de estudos renovados.
O número de prazas que se van a a ofertar en cada unha será o que propoña o Centro.
Non se poderán ofertar materias sen dereito a docencia por corresponderen a cursos extinguidos.
O criterio para a adxudicación de prazas será determinado pola nota media do expediente académico (media calculada ao abeiro do vixente protocolo subscrito entre a Xunta de Galicia e as universidades do Sistema Universitario de Galicia S.U.G.)
c) Materias da “Oferta Xeral,” de libre elección
O nº máximo de prazas que se poden ofrecer para cada unha das materias da “Oferta Xeral” será de 75, salvo excepcións motivadas polas características das propias materias.
Para a admisión do alumnado establécense os mesmos criterios que os indicados no punto b)
Non se poderán ofertar materias sen dereito a docencia por corresponderen a cursos extinguidos
d) Cursos, seminarios e actividades académicas con recoñecemento de créditos de libre elección
Matrícula de materias de libre elección
Alumnado con materias de libre elección
a) As materias de “ Oferta Xeral” de Libre Elección
b) As materias optativas dos plans de estudos vixentes que se lle ofrecen ao alumnado de diferentes titulación e/ou plan de estudos
As materias especificadas nos apartados a) e b) teñen o límite de prazas que se establece na oferta académica
Poderase formalizar matrícula en todas as materias sen necesidade de realizar preinscrición de acordo co que se indica a continuación:
a) Listaxes de ocupación de materias: Os alumnos poderán coñecer en todo momento o nivel de ocupación da materia en que soliciten,consultando a través da secretaría virtual.
b) Asignación de prazas: Inmediatamente ao remate do prazo de matrícula ordinaria, nos taboleiros de anuncios dos centros, procederase a comunicarlles aos alumnos a asignación das prazas en función da media do expediente académico, naquelas materias en que “a demanda fose superior á oferta”, desestimándose aquelas solicitudes de matrícula que excedan o número de prazas ofertadas, procedéndose de oficio á súa anulación.
c) Os alumnos afectados poderán substituír as materias por outras nas que existan prazas vacantes, de acordo co procedemento e prazos que de seguido se sinalan.
Procedemento e prazos
Unha vez rematado o prazo de matrícula, de acordo co punto d) do Artigo 8.-Matrículas suxeitas ao procedemento establecido no Regulamento sobre a libre elección aprobado polo Consello de Goberno o 31 de maio de 2005 e modificado polo Consello de Goberno o 27 de marzo de 2009, da Normativa de xestión académica da Universidade da Coruña para o curso académico 2012/2013, publícase a listaxe de alumnos aos que se lles desestimou a súa matrícula en materias de libre elección. Estas listas poden consultarse nos taboleiros de anuncios das facultades e escolas.
O alumnado afectado poderá substituir as materias por outras nas que existan prazas vacantes, nos prazos que se refiren de seguido:
Modificación de matrícula en materias de libre elección con prazas vacantes unha vez finalizado o prazo ordinario de matrícula nos prazos establecidos no artigo 11.2 da Normativa de xestión académica 2012-2013:
Desde o día 1 de novembro ata o día final sinalado nos seguintes apartados:
Lugar: nos servizos administrativos do centro
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000