Matrícula de materias de libre elección

Oferta para o curso 2013-14

De acordo co Regulamento sobre a libre elección do 31 de maio de 2005, modificado polo acordo do Consello de Goberno de data 27 de marzo de 2009, e a demais normativa vixente e aplicable ao caso, a oferta de libre elección para o curso 2013-2014 está constituída por:

a) As materias optativas dos plans de estudo correspondentes á ordenación académica anterior que se ofrecen ao alumnado da mesma titulación e plan de estudos, segundo o que dispón o artigo 3.1 do Regulamen to sobre a libre elección.

Ofertaranse como libre elección todas as materias dos plans renovados dos centros, tanto propios como adscritos, que estes centros decidan ofrecer como optativas en cada curso académico. A oferta de libre elección deste tipo de materias funcionará para todos os efectos como a das materias optativas.

O/a alumno/a realizará a matrícula de cada materia sen necesidade de especificar o seu carácter de optativa ou libre elección e sen necesidade de realizar preinscrición.

b) As materias optativas dos plans de estudos da ordenación académica anterior que se lle ofrecen ao alumnado de diferente titulación e/ou plan de estudos.

Poderán, se o centro así o decidir, ofertarse ao alumnado de diferente titulación e/ou plan de estudos, materias optativas dos plans de estudos renovados.

O número de prazas que se van a a ofertar en cada unha será o que propoña o Centro.

Non se poderán ofertar materias sen dereito a docencia por corresponderen a cursos extinguidos.

O criterio para a adxudicación de prazas será determinado pola nota media do expediente académico (media calculada ao abeiro do vixente protocolo subscrito entre a Xunta de Galicia e as universidades do Sistema Universitario de Galicia S.U.G.)

c) Materias da “Oferta Xeral,” de Libre Elección

O n.º máximo de prazas que se poden ofrecer para cada unha das materias da “Oferta Xeral” será de 75, salvo excepcións motivadas polas características das propias materias.

Para a admisión do alumnado establécense os mesmos criterios que os indicados no punto b)

Non se poderán ofertar materias sen dereito a docencia por corresponderen a cursos extinguidos

d) Cursos, seminarios e actividades académicas con recoñecemento de créditos de libre elección

Matrícula de materias de libre elección

Alumnado con materias de libre elección

a) As materias de “ Oferta Xeral” de libre elección
b) As materias optativas dos plans de estudos vixentes que se lle ofrecen ao alumnado de diferentes titulación e/ou plan de estudos

As materias especificadas nos apartados a) e b) teñen o límite de prazas que se establece na oferta académica

Poderase formalizar matrícula en todas as materias sen necesidade de realizar preinscrición de acordo co que se indica a continuación:

  • Todas as materias estarán sometidas aos requisitos e exclusión que se determinen na súa oferta
  • O alumnado que continúe estudos realizará a matrícula das materias de libre elección no mesmo prazo da súa matrícula ordinaria.
  • O alumnado que inicie estudos deberá dirixirse á Administración do centro para incluir as materias de libre elección na súa matrícula

a) Listaxes de ocupación de materias: Os alumnos poderán coñecer en todo momento o nivel de ocupación da materia en que soliciten,consultando a través da secretaría virtual.
b) Asignación de prazas: Inmediatamente ao remate do prazo de matrícula ordinaria, nos taboleiros de anuncios dos centros, procederase a comunicarlles aos alumnos a asignación das prazas en función da media do expediente académico, naquelas materias en que “ a demanda fose superior á oferta”, desestimándose aquelas solicitudes de matrícula que excedan o número de prazas ofertadas, procedéndose de oficio á súa anulación.
c) Os alumnos afectados poderán substituír as materias por outras nas que existan prazas vacantes, de acordo co procedemento e prazos que de seguido se sinalan.

Procedemento e prazos

Unha vez rematado o prazo de matrícula, de acordo co punto d) do Artigo 8.-Matrículas suxeitas ao procedemento establecido no Regulamento sobre a libre elección aprobado polo Consello de Goberno o 31 de maio de 2005 e modificado polo Consello de Goberno o 27 de marzo de 2009, da Normativa de xestión académica da Universidade da Coruña para o curso académico 2012/2013, publícase a listaxe de alumnos aos que se lles desestimou a súa matrícula en materias de libre elección. Estas listas poden consultarse nos taboleiros de anuncios das facultades e escolas.

O alumnado afectado poderá substituir as materias por outras nas que existan prazas vacantes, nos prazos que se refiren de seguido:

Modificación de matrícula en materias de libre elección con prazas vacantes unha vez finalizado o prazo ordinario de matrícula nos prazos establecidos no artigo 11.3 da Normativa de xestión académica 2013-2014:

  • Desde o día 15 de outubro ata o día final sinalado nos seguintes apartados:
  • Materias anuais: até o 31 de outubro de 2013 inclusive.
  • Materias do primeiro cuadrimestre: até o 31 de outubro inclusive.
  • Materias do segundo cuadrimestre: até o 7 de marzo de 2014.

Lugar: nos servizos administrativos do centro

  • O alumnado que continúe estudos na Universidade da Coruña farao a través da web da Universidade, simultaneamente coa súa matrícula ordinaria, dentro de Servizos intranet onde deberán identificarse mediante o “usuario/contrasinal” de que dispoñen para o acceso ao webmail, ou nos puntos de información dos centros e dos LERD.
  • O alumnado que inicie estudos farao nos servizos administrativos dos centros.

Recoñecemento de créditos de libre elección e incorporación ao expediente académico

  1. O alumnado poderá obter o recoñecemento de créditos de libre elección pola realización de cursos e actividades formativas que forman parte da oferta de libre elección para o curso académico 2013-2014 así como polo resto de estudos ou actividades que están recollidos no capítulo III do Regulamento sobre a libre elección e os sucesivos acordos da Comisión de Planos de Estudo que os desenvolven.
  2. Os cursos ou actividades académicas, aprobados pola Comisión de Planos de Estudo nun curso académico, formarán parte da oferta de libre elección dos dous cursos académicos seguintes ao da súa aprobación.
  3. As peticións do alumnado para a incorporación dos créditos de libre elección ao seu expediente académico déb ena efectuar directamente nos centros e nos prazos que se establezan na convocatoria de matrícula, para o que deberán achegar o certificado acreditativo da realización do curso ou da actividade.
  4. Para obter o recoñecemento de créditos de libre elección por cursos realizados noutras universidades (incluídos os cursos de verán) é preciso que na certificación conste o número de créditos recoñecidos na universidade de orixe, sen prexuízo dos créditos que corresponda recoñecer nesta universidade.
  5. Excepcionalmente, poderanse incorporar os créditos de libre elección, fóra dos prazos establecidos, cando o/a alumno/a estiver en condicións de finalizar os seus estudos ou o primeiro ciclo destes ou no caso de que solicite traslado para continuar os seus estudos noutra universidade.
  6. Os créditos de libre elección por todas as actividades do capítulo III do Regulamento sobre libre elección figurarán no expediente académico como créditos recoñecidos, sen cualificación.

O custo pola incorporación ao expediente académico dos créditos de libre elección recoñecidos será o que establecer para as validacións de estudos o decreto de prezos públicos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia do ano académico en curso.

 

 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000