Admisión e matrícula

Convocatoria de admisión e matrícula nos estudos de doutoramento curso 2011/12

Instrucións de admisión e matrícula no doutoramento

1.- Alumnos que desexen acceder por primeira vez a un programa de doutoramento:

Deben presentar a solicitude de admisión no Centro/ Departamento responsable do programa de doutoramento dirixido ao coordinador do dito programa xunto coa documentación que se require segundo as normas de admisión e matrícula:

* Ver artigos segundo, terceiro e cuarto das normas de admisión e matrícula

2.- Alumnos que continúan estudos de doutoramento:

Deben solicitar a renovación da inscrición nos departamentos no prazo establecido para poderen realizar a súa matrícula.

NOTA: Todos os alumnos/as que teñen o seu proxecto de tese aprobado polo órgano responsable do doutoramento, unha vez admitidos (tanto no caso dos alumnos que accedan por 1.ª vez a un doutoramento, como no caso dos alumnos que continúan na fase de elaboración da tese), deberán matricularse da Taxa de titoría anual de doutoramento.

O calendario dos estudos de doutoramento para o vindeiro curso 2011/2012 pode consultalo nesta ligazón.