Enxeñeiro Técnico en Deseño Industrial
Obxectivos formativos
As ensinanzas conducentes á obtención do título oficial de Enxeñaría Técnica en Deseño Industiral deberán proporcionar unha formación axeitada nas bases teóricas e na tecnoloxía específica desta Enxeñaría Técnica.
Saídas profesionais
SECTORES: Gabinetes e departamentos de deseño en calquera tipo de empresas industriais. Departamentos de proxectos, de investigación e desenvolvemento, de produción, de comercialización e marketing.
FUNCIÓNS: Determinar modelos industriais eficientes. Deseñar produtos que combinen a tecnoloxía coa estética e a funcionalidade. Formular propostas técnicas, asumir a dirección de talleres, obras e instalacións de acordo con proxectos. Realizar peritacións, cálculos técnicos e dictames. Estudiar a finalidade dos produtos, especificacións técnicas, limitacións de custo e preferencias dos consumidores. Analizar os problemas funcionais, visuais, táctiles, culturais e comerciais dos diferentes deseños.