Diplomatura en Relacións Laborais

Obxectivos formativos

As ensinanzas conducentes á obtención do título oficial de Diplomatura en Relacións Laborais deberán proporcionar unha formación axeitada nas bases teóricas e nas técnicas da organización do traballo e da xestión de persoal; así como da ordenación xurídica do traballo e da Seguridade Social.

Saídas profesionais

SECTORES: Empresa privada. Profesión libre (individual ou conxuntamente con outros profesionais, tales como avogados, xestores administrativos, asesores fiscais, etc.). Sindicatos, xestorías, concellos e outras entidades públicas.

FUNCIÓNS: Dentro da empresa: técnicos de persoal e xefes de persoal. Asesoría laboral, contratación, xestión de documentos da Seguridade Social e negociación de convenios colectivos. Na administración pública: técnicos de xestión, profesores de materias laborais e Seguridade Social, controladores laborais e técnicos de emprego. Seguridade e hixiene no traballo, auditorías laborais e conflitos laborais, convenios colectivos.

Caraterísticas

Data no BOE: 04/09/2000

Tipo: Diplomatura

Duración: 1º Ciclo

Titulación experimental


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000