Licenciatura en Documentación

Obxectivos formativos

As ensinanzas conducentes á obtención do título oficial de Licenciatura en Documentación deberán proporcionar unha formación adecuada nos aspectos básicos e aplicados da información e a documentación científica e especializada do tratamento da súa conservación e recuperación en diferentes soportes, así como da planificación, organización e xestión dos correspondentes sistemas, redes e centros.

Saídas profesionais

SECTORES: Bibliotecas, arquivos de empresas, periódicos, editoriais, centros culturais, bancos de datos. Administración pública.

FUNCIÓNS: Adquisición, ordenación racional e técnica do almacenamento de documentos de calquera tipo de soporte (papel, soporte informático, etc.). Organización dos métodos de información a partir dos documentos procesados.

Caraterísticas

Data no BOE: 20/01/2004

Tipo: Licenciatura

Duración: 2º Ciclo

Titulación experimental


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000