Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos
Obxectivos formativos
As ensinanzas conducentes á obtención do título oficial de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos deberán proporcionar unha formación axeitada nas bases teóricas e nas tecnoloxías propias deste Enxeñaría.
Saídas profesionais
SECTORES:.Obras públicas. Empresas de construción, de transportes e de comunicacións. Empresas eléctricas e electrónicas. Ministerios de Fomento, de Medio Ambiente, de Defensa, e de Educación e Cultura.
FUNCIÓNS: Proxecto e execución de obras de construción en superficie e baixo ela (cimentación, rede de sumidoiros, abastecemento de augas, etc.). Urbanismo e tráfico (rúas, estradas, ferrocarrís, redes de tuberías, aparcamentos, portos e aeroportos). Instalacións e traballos hidráulicos (en ríos, presas, diques e centrais hidráulicas). Xestión empresarial, planificación do transporte e xestión de recursos.