Licenciatura en Náutica e Transporte Marítimo
Obxectivos formativos
Esta titulación proporciona a formación fundamental e específica adecuada para o exercicio das funcións propias dun Capitán da Mariña Mercante a bordo do buque: Dirección nos aspectos náuticos, de seguridade, de persoal, conservación e mantemento dos equipos de cuberta e casco, operacións de carga e estiba, etc. Facilita, ademais, unha formación suficientemente ampla, o que permite a inserción en ámbitos laborais terrestres relacionados coas empresas marítimas e outras.
Con estes estudos obtense o título profesional de Capitán da Mariña Mercante de acordo co convenio internacional STCW 78/95
É unha titulación de só segundo ciclo, teñen acceso a ela todos os Diplomados en Navegación Marítima.
Saídas profesionais
Actualmente a demanda laboral é excelente, tanto para navegar como para traballo en terra. A inserción laboral adoita ser case inmediata.
Os campos de actividade profesional son os seguintes: Capitán e Oficial de cuberta da Mariña Mercante. Postos directivos nas Empresas Navieiras. Administración Marítima Central e Periférica. Autoridade portuaria. Empresas aseguradoras do sector. Consignatarias. Prácticos de Porto. Estaleiros. Ensinanza e investigación. Consultoría e asesoría. Oficiais Marítimos do SVA. Control de tráfico Marítimo e aéreo. Dictámenes Periciais.