Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas

Obxectivos formativos

As ensinanzas conducentes á obtención do título oficial de Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas deberán proporcionar unha formación axeitada nas bases teóricas e na tecnoloxía específica desta Enxeñaría Técnica.

Saídas profesionais

SECTORES: Entidades financeiras, empresas industriais e de servizos, entidades con departamentos de investigación e desenvolvemento, centros de cálculo, centros de deseño industrial, departamentos de informática e de planificación, e entidades dedicadas ao desenvolvemento tecnolóxico.

FUNCIÓNS: Técnicos comerciais, técnicos de sistemas, analistas, programadores, responsables de proxectos, xefes de sistemas e métodos e técnicos en informática. Especialistas de teleproceso, en hardware e software.

Caraterísticas

Data no BOE: 23/11/1994

Tipo: Enxeñaría Técnica

Duración: 1º Ciclo

Titulación experimental


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000