Licenciatura en Filoloxía Inglesa

Obxectivos formativos

As ensinanzas conducentes á obtención do título oficial de Licenciatura en Filoloxía Inglesa deberán proporcionar unha formación filolóxica de carácter xeral e un coñecemento axeitado dos aspectos lingüísticos, literarios e culturais inherentes á lingua e filoloxía inglesas.

Saídas profesionais

SECTORES: Editoriais, centros de ensinanza, centros de tradución e interpretación.

FUNCIÓNS: Estudo dos problemas xerais da linguaxe, como ortografía, sintaxe, análise gramatical, fonoloxía, fonética, semioloxía, dialectoloxía, semántica e outros aspectos lingüísticos. Corrector de textos en editoriais, asesor en editoriais, tradutor, documentalista, crítico literario e textual, filólogo, lingüista e gramático. Profesor de lingua.

Caraterísticas

Data no BOE: 23/11/1994

Tipo: Licenciatura

Duración: 1º e 2º Ciclo

Titulación experimental


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000