Saídas profesionais
Asesor laboral, dirección e xestión de recursos humanos. Xestión, mediación e intervención no mercado de traballo: axentes de emprego e desenvolvemento local. Prevención de riscos laborais. Funcionario das administracións públicas. Auditor sociolaboral. Profesor.
Ligazóns
Publicación en BOEPublicación plan de estudos
Perfil recomendado
Se consideras que as relacións laborais e os recursos humanos son unha actividade
fundamental a nivel individual e colectivo, que xogan un papel decisivo na calidade de vida das
persoas e no funcionamento axeitado de empresas e organizacións, o Grao en Relacións
Laborais e Recursos Humanos ofréceche as ferramentas adecuadas para desenvolver unha
perspectiva multidisciplinar imprescindible para os líderes do mundo do traballo do mañá.
Presentación
O título de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos pretende alcanzar os
seguintes obxectivos:
1. Adquirir os coñecementos necesarios para comprender a complexidade e o carácter
dinámico e interrelacional do traballo, atendendo de forma integrada as súas perspectivas
xurídica, organizativa, psicolóxica, sociolóxica, histórica e económica.
2. Capacitar para a aplicación dos coñecementos teóricos e prácticos adquiridos, nos
seus diversos ámbitos de actuación: asesoramento laboral, xestión e dirección de persoal,
organización do traballo, e xestión e mediación no mercado de traballo, tanto no sector privado
coma no público.
3. Capacitar para aplicar as tecnoloxías da información e a comunicación nos seus
diferentes ámbitos de actuación.
4. Capacitar para a aprendizaxe autónoma de novos coñecementos e técnicas, de forma
continua ao longo da vida.
5. Capacitar para o acceso a estudos posteriores especializados de Mestrado e
Doctorado.
Saídas profesionais
Graduado social / Asesor laboral, Dirección y gestión de recursos humanos, Agentes de empleo
y desarrollo local, Prevención de riesgos laborales, Auditor sociolaboral.
Inserción laboral
SECTORES: Empresa, Administración pública, Despacho profesional, Sindicatos, ONGs e
outras entidades sen ánimo de lucro, Docencia.
Requisitos de acceso
Os establecidos no Real Decreto 1892/2008, polo que se regulan as condicións para o acceso
ás ensinanzas universitarias oficiais de grao, modificado polo Real Decreto 558/2010.