Obxectivos formativos
El estudiantado recibirá formación para acometer funciones como la promoción de la salud, la prevención de las enfermedades y los cuidados de las personas enfermas o incapacitadas.
Ligazóns
Publicación en BOEPublicación plan de estudos
Perfil recomendado
É recomendable ter unha actitude de axuda as persoas e unha visión integral capaz de relacionar e relacionarse con todas as dimensións do ser humano. Disposición para o traballo en equipo, estudo continuado, reflexivo e crítico, adaptación continua aos cambios e manexo de situacións con grande carga emocional. Ademais, requírese responsabilidade, equilibrio, madurez persoal e aptitudes que lle permitan integrar e manexar con destreza os coñecementos adquiridos durante o período formativo.
Presentación
O título de Graduado en Enfermaría ten coma obxectivo a formación de enfermeiras/os xeneralistas con preparación científica, humana e capacidade para:
Responder as necesidades de coidados de saúde das persoas, familias, grupos e comunidades, dende unha percepción integral da persoa.
Establecer relacións interpersoais empáticas e eficaces con doentes, familias e equipo de traballo.
Actuar baseándose nos principios éticos, respectando os valores e dereitos individuais e mantendo a dignidade persoal.
Utilizar o pensamento crítico, a practica reflexiva e a metodoloxía científica.
Construír e contribuír ao desenvolvemento persoal, profesional e social.
A formación clínica comeza con practicas simuladas para o desenvolvemento de habilidades, continuando coas prácticas clínicas en centros asistenciais que permiten integrar e incorporar coñecementos, habilidades, actitudes e valores profesionais e explorar as diferentes realidades asistenciais.
Saídas profesionais
A actividade profesional desenvolvese en: centros sanitarios, socio-sanitarios, sociais, educativos e outros (empresa, ONG, defensa, centros penitenciarios, exercicio libre,?.).
Inserción laboral
A inserción laboral dos Diplomados en Enfermaría (período 1999- 2009) foi:
Traballa, 82,22%. Traballa por conta allea, 97, 28%.
Fonte: Observatorio Ocupacional da UDC, 2013.
Requisitos de acceso
Bacharelato: PAU, Sistemas españois anteriores, Estudos europeos e convenios
Ciclos formativos de FP
Titulados universitarios
Maiores de 25, 40 e 45 anos
Estudos estranxeiros