Os educadores sociais son profesionais encargados de dar resposta ás desigualdades sociais desde a educación, pero tamén desde perspectivas ligadas ás políticas de benestar social.
Saídas profesionais
Presenza nunha gran diversidade de ámbitos de intervención como os servizos sociais de atención primaria, os servizos especializados (infancia e familia, maiores, persoas sen fogar, mulleres, persoas con discapacidade, inmigrantes...) a saúde, os centros de atención primaria, os hospitais, os centros educativos, a xustiza e a cooperación.