Diplomatura en Fisioterapia
Obxectivos formativos
As ensinanzas conducentes á obtención do título oficial de Diplomatura en Fisioterapia deberán proporcionar unha formación axeitada nas bases teóricas e nas técnicas e actuacións propias da Fisioterapia.
Saídas profesionais
SECTORES: Hospitais, clínicas, clubs deportivos, centros de rehabilitación e ambulatorios, tanto privados como dependentes da Seguridade Social. Empresa privada. Profesión libre.
FUNCIÓNS: Rehabilitación en pediatría. Tratamento no deporte, traumatoloxía e postraumatoloxía, reumatoloxía, xeriatría e neuroloxía. Servizos sanitarios nas empresas. Clínicas privadas e propias. Asistencia a domicilio. Masaxes terapéuticos