Ligazóns
Información adicional en pdf
Perfil recomendado
O perfil de acceso recomendado é o dos bacharelatos científico-tecnolóxicos, así como o dos ciclos superiores da rama de Enxeñaría e Arquitectura, contando neste último caso cun recoñecemento de 30 créditos como mínimo.
Tamén se contempla o acceso de maiores de 40 anos que acrediten experiencia profesional ou laboral relacionada co ámbito marítimo e que non teñan título ou outra condición que lles habilite para acceder a estudos universitarios.
Presentación
O ámbito marítimo constitúe un sector económico de gran importancia no que se integran numerosas áreas de actividade e estudo, entre as que se atopa a Enxeñaría Mariña.
O Grao en Enxeñaría Mariña integra coñecementos específicos do ámbito tecnolóxico que, atendendo ás súas aplicacións, pódense clasificar en tres apartados:
1. Os relativos aos proxectos de construción e inspección, así como reparacións de todo tipo de buques e plataformas offshore.
2. Os relacionados coa xestión e organización do mantemento, recursos humanos, explotación e operación do buque.
3. Os relativos á optimización na operación, reparación, mantemento e redeseño das instalacións de buques.
Os contidos do plan de estudos inclúen as esixencias dos Convenios Marítimos Internacionais, así como da Lexislación Nacional e da UE, de cara ao exercicio das profesións da Mariña Mercante, imprimíndolle carácter xeneralista e multidisciplinar.
Saídas profesionais
Oficial de Máquinas da Mariña Mercante. Administración Marítima. Navieiras. Inspección e Sociedades de Clasificación de buques. Estaleiros e instalacións enerxéticas e industriais. Oficina Técnica en deseño e enxeñaría. Ensino..
Inserción laboral
Inserción laboral elevada dada a alta demanda de Profesionais Marítimos a nivel internacional en buques, navieiras, sociedades de clasificación,administración e industria
Requisitos de acceso
Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente xunto coa superación da proba de acceso á Universidade ou do título de ciclo superior de formación profesional.