Ligazóns
Información adicional en formato pdfPublicación BOEPublicación plan estudosFolleto informativo
Perfil recomendado
O perfil de ingreso recomendado é o do alumno que teña realizado o Bacharelato na modalidade científico técnica, cunha boa formación en matemáticas, física e informática, formación humanística especialmente en historia do arte e coñecementos básicos de sistemas de representación espacial e fundamentos de deseño; creatividade, capacidade para a ideación gráfica, visión espacial e aptitude para a creación artística.
Presentación
O obxectivo é formar profesionais que:
1. Teñan aptitude para proxectar, redactar proxectos de construción e, dunha maneira mais xeral, investigar, crear e xestionar procesos complexos.
2. Coñezan a historia e as teorías da arquitectura, así como as artes, a tecnoloxía e as ciencias humanas relacionadas co habitar.
3. Coñezan o urbanismo e as súas técnicas de planificación.
4. Comprendan as relacións entre as persoas e os edificios e o seu entorno.
5. Resolvan os problemas da concepción estrutural, da construción e das distintas tecnoloxías vinculadas cos edificios de xeito que se dote a estes de condicións de comodidade e protección climática;
6. Saiban satisfacer os requisitos dos usuarios dos edificios en función dos factores orzamentarios, a normativa e as capacidades da industria da construción.
O plano de estudos ten unha duración de 300 créditos ECTS e esixe a posterior presentación e defensa dun Proxecto Fin de Grao (30 créditos).
Saídas profesionais
Exercicio: liberal, asalariado ou na función pública. Redacción de proxectos e dirección de obra en edificación e urbanismo. Xestión empresarial, de solo e de edificación. Docencia. Desenvolvementos informáticos. Investigación. Acción cultural. Cooperación ao desenvolvemento.
Requisitos de acceso
Probas de Acceso á Universidade, FP de 2º Grao, Módulo Profesional de Nivel 3, Ciclo Formativo de Grao Superior ou equivalente, calquera título universitario asimilado ou PAU para maiores de 25 anos.