As ensinanzas conducentes á obtención do título oficial de Arquitecta/o deberán proporcionar unha formación axeitada nas bases teóricas e nas tecnoloxías propias desta titulación. Estes estudos deberán manter o axeitado equilibrio entre os aspectos teóricos e prácticos da formación en Arquitectura e garantir, entre outras, a adquisición de:
A aptitude para elaborar proxectos arquitectónicos que satisfagan á vez as esixencias estéticas e técnicas.
Un coñecemento axeitado da historia e das teorías da arquitectura, así como das artes, tecnoloxías e ciencias humanas relacionadas.
Un coñecemento axeitado do urbanismo, a planificación e as técnicas aplicadas no proceso de planificación.
Un coñecemento dos métodos de investigación e preparación do proxecto de construción.
O coñecemento dos problemas de concepción estrutural, construción e enxeñaría civil vinculados cos proxectos de edificios.
Un coñecemento axeitado dos problemas físicos e das tecnoloxías, así como da función dos edificios, de forma que se dote a estes de todos os elementos para facelos internamente confortables e para protexelos dos factores climáticos.
Saídas profesionais
SECTORES: Empresas de materiais de construción, prefabricados, deseño industrial, interiorismo. Profesión libre. Administración pública. Urbanismo.
FUNCIÓNS: Concepción, proxecto e realización de edificios, instalacións urbanas complexas e saneamento. Asesoría urbanística. Recuperación e restauración de edificios antigos. Paisaxismo. Investigación e docencia. Dirección dos diferentes mandos intermedios que interveñen na construción.