Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Obxectivos formativos
O alumnado recibirá unha ampla formación que o capacitará para ser profesional no ámbito da educación física e do deporte, no ensino e no adestramento deportivo, pero ademais para promover unha actividade física e un ocio saudables e para levar a xestión e dirección das diversas instalacións, espazos e eventos deportivos.
Saídas profesionais
Docencia e investigación en educación física. Adestrador/a deportivo/a, director/a deportivo/a, animador/a e monitor/a deportivo/a profesional.