Mestrado Universitario en Enxeñaría Mariña

Condicións

Descargar arquivo pdf

Presentación

O título Oficial de Máster en Enxeñaría Mariña, ten por obxectivo proporcionar os coñecementos técnicos que debe ter un Enxeñeiro Mariño que desenvolva a súa actividade profesional e investigadora, que inclúe a formación en técnicas de xestión, re-deseño, montaxe, operación e mantemento de todo o equipamento de buques e artefactos mariños.
Os estudos enmárcanse nun perfil de especialización no ámbito da actividade técnica, que ademais, permitirá ao estudante unha orientación cara a estudos de doutorado e investigación.
A formación académica, adquirida a través dos distintos coñecementos disciplinares no título de Máster en Enxeñaría Mariña, permitirá cumprir con todos os requisitos de formación esixidos no "Convenio Internacional STCW78/95".
Os egresados da titulación Máster en Enxeñaría Mariña, adquirirán unha serie de coñecementos disciplinares que lles permitan exercer profesionalmente como Xefe de Máquinas da Mariña Mercante.

Perfil recomendado

Debido á súa vinculación coa Titulación Profesional, o acceso ao Máster diríxese principalmente aos alumnos procedentes do Grao que cursaron o itinerario de
Enerxía e propulsión, que lles permitirá alcanzar a titulación profesional de Xefe de Máquinas ou Chief Engineer. Tamén vai dirixido aos titulados da rama das enxeñarías que queiran alcanzar unha especialización no ámbito da Enxeñaría Mariña e a todos aqueles que pretendan acceder á realización dun doutorado.

Saídas profesionais

Exercer como Xefe de Máquinas da Mariña Mercante, para os procedentes do Grao en Enxeñaría Mariña. Xestión do mantemento na industria. Acceder a postos de Inspección marítima. Sociedades de clasificación. Na Administración Pública.

Inserción laboral

Inserción laboral elevada en actividades de xestión e dirección relacionadas con actividades marítimas en buques, navieiras, sociedades de clasificación, administración e industria.

Requisitos de acceso

Ter cursado un grao da rama das enxeñarías.
Terán preferencia os Graduados en Enxeñaría Mariña.

Caraterísticas

Data no BOE: 26/03/2012

Tipo: Mestrado Universitario

Data do Consello: 21/12/2010

Data do DOG: 26/03/2012

Contacto

Coordinadores :

  • José Carbia Carril


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000