Licenciatura en Química
Obxectivos formativos
As ensinanzas conducentes á obtención do título oficial de Licenciatura en Química deberán proporcionar unha formación científica axeitada nos aspectos básicos e aplicados da Química.
Saídas profesionais
SECTORES: Industria química, industria farmacéutica, alimentación, medio ambiente, agroquímica, recursos enerxéticos, sanidade e servizos públicos.
FUNCIÓNS: Marketing químico nas súas facetas comercial, de distribución e de estudos de mercado en relación coa industria e os produtos químicos. Deseño e obtención de novos produtos, detección de contaminantes, protección do medio ambiente, análise, docencia e investigación en laboratorios públicos ou privados. Desenvolvemento de materiais sintéticos.