O Mestrado en Xestión en Políticas Públicas é un título universitario oficial impartido pola Universidade da Coruña. Proporciona aos alumnos os coñecementos e as competencias educativas en políticas públicas, preparándoos para o seu deseño e capacitándoos para liderar a súa execución tanto no sector público como en organizacións non gobernamentais, así como a formación necesaria para iniciarse no ámbito da xestión e as políticas públicas. Unha vez rematado, os alumnos que o desexen poden acceder ao Doutoramento. A metodoloxía docente é presencial (horario de tarde, de luns a xoves) e interactiva, con grupos reducidos. Dentro da formación inclúense prácticas na administración (validables por experiencia profesional), coa colaboración da Excelentísima Deputación da Coruña.
Perfil recomendado
Terán preferencia de ingreso no MXPP os titulados da rama xurídico-social sobre alumnos doutras titulacións. No 2º cuadrimestre poderase optar entre a especialidade de Economía, políticas urbanas e territoriais, axeitada para os estudantes con formación económico-empresarial, ou pola de Políticas sociais.
Saídas profesionais
Administracións Públicas e organizacións que promovan ou avalíen políticas públicas, consultarías que traballen para a Administración e organismos de investigación.
Requisitos de acceso
Título universitario oficial español (licenciado, diplomado ou graduado) ou estranxeiro equivalente.