Condiciones
Descargar archivo pdf
Información previa a la matrícula
Curso 2010-2011: 28 de Mayo 2010. 13 h. Aula 4 Facultad de Ciencias.
Los alumnos que no puedan asistir a la reunión pueden solicitar la información a la coordinadora: esper.cerdan@udc.es
Criterios de lectura de tesis doctorales
CRITERIOS DE LECTURA DE TESIS DOCTRALES
1.- Una vez admitido en el Programa de Doctorado el alumno podrá presentar la memoria de Tesis doctoral en el periodo establecido en la legislación vigente.
Los criterios especificados por la UDC actualmente vigentes son los siguientes que se recogen en el Regulamento de doutoramento nos artigos 18 e 20 (Aprobado na Xunta de Goberno do 9 de xuño de 1999 e modificado nos Consellos de Goberno do 22 de xullo de 2005 e do 30 de outubro de 2008) ( Texto completo )
Artigo 18. Admisión a trámite de lectura da tese de doutoramento
1. Rematada a elaboración da tese de doutoramento, o/a director/a ou os/ as directores/as desta autorizarán a súa presentación. Esta autorización deberá acompañarse á tese de doutoramento para a súa posterior tramitación. Cando o/a director/a da tese non sexa profesor/a do departamento responsable do programa de doutoramento cursado polo/a doutorando/a, o/a titor/a ratificará, mediante escrito razoado, a autorización do/a director/a para a súa presentación.
I.2. A tese de doutoramento redactarase en galego ou en castelán. En casos especiais, e após autorización expresa da Comisión de Doutoramento, poderase presentar e/ou defender noutro idioma dos oficiais en España, na Unión Europea ou en latín. Neste caso, a tese acompañarase dun resumo en galego ou en castelán, en que necesariamente se incluirá unha introdución, unha descrición da metodoloxía utilizada, as conclusións da tese e as contribucións máis relevantes desta. En todo caso, o departamento responsable debe contar coa autorización da Comisión de Doutoramento antes de realizar os trámites que se describen a continuación.
I.3. A tese de doutoramento, tras a conformidade do Consello do Departamento responsable, presentarase á Comisión de Doutoramento que o comunicará a todos os departamentos e institutos universitarios. Para os efectos de dita presentación, o/a doutorando/a entregará no Rexistro do Terceiro Ciclo da Universidade dous exemplares da tese acompañados dos escritos de autorización do/a director/a ou directores/as da tese e do/a titor/a se proceder e coa conformidade do departamento responsable.
I.4. Durante un prazo de quince días hábiles, a tese permanecerá en depósito, un exemplar na Comisión de Doutoramento e outro no departamento responsable do programa, para os efectos de que calquera doutor poida examinala e, se for o caso, dirixir por escrito á Comisión de Doutoramento as consideracións que estime oportunas. O mes de agosto non se considerará hábil para os efectos deste prazo.
I.5. Cando, pola natureza do traballo de tese de doutoramento, non permitir a súa reprodución, o requisito da entrega de exemplares a que se refire o apartado 3 quedará cumprido co depósito do orixinal no Rexistro de Terceiro Ciclo da Universidade.
I.6. Transcorrido o tempo de depósito, a Comisión de Doutoramento, á vista dos escritos recibidos e tras a consulta ao departamento e aos especialistas que estime oportunos, decidirá se se admite a tese a trámite ou se, polo contrario, procede retirala.
Artigo 20. Lectura da tese de doutoramento
I.1. Unha vez designado e constituído o tribunal a que se refire o apartado 3 do artigo 19 o departamento responsable faralles chegar, no prazo de dez días, a tese que ha de ser xulgada xunto co currículo do/a doutorando/a aos membros do tribunal. A partir dese momento, os membros titulares do tribunal (ou os correspondentes suplentes, se algún dos membros titulares non actuase) disporán dun mes para enviaren á Comisión de Doutoramento un ditame individual sobre se procede ou non conceder a autorización da defensa da tese. Se o ditame non é favorable, deberá acompañarse dun informe individual e razoado que o xustifique. Se todos os ditames son favorables, o Presidente da Comisión de Doutoramento autorizará a defensa pública da tese, de que se informará a todos os membros da Comisión. En caso contrario, e á vista dos informes, a Comisión de Doutoramento disporá se procede ou non a defensa pública ou, se for o caso, a interrupción da súa tramitación. Nos casos de non autorización da defensa da tese a Comisión deberalle comunicar por escrito ao/á doutorando/a, ao/á director/a da tese e ao Consello de Departamento responsable do programa de doutoramento as razóns da súa decisión. O/a director/a da tese de doutoramento poderá ser chamado/a pola Comisión de Doutoramento antes de decidir sobre o trámite a que se refire o parágrafo anterior, co fin de obter a información que se considere oportuna para fundamentar a decisión. En todo caso deberá ser oído antes de que a Comisión de Doutoramento acorde, se o fixer, que non procede a defensa da tese.
I.2. Unha vez denegada a realización do trámite de defensa da tese de doutoramento pola Comisión de Doutoramento, ou despois da súa defensa, o/a doutorando/a poderá solicitar certificación literal dos ditames a que se refire o apartado 1 deste artigo.
I.3. O acto de defensa da tese de doutoramento terá lugar en sesión pública durante o período lectivo do calendario académico. Unha vez autorizada a defensa da tese, o acto será convocado polo/a presidente/a do tribunal quen llo comunicará á Comisión de Doutoramento cunha antelación mínima de dez días naturais á súa realización, para a súa pública difusión. Coa mesma antelación anunciarase no taboleiro de anuncios do departamento correspondente e no do centro en que vai ter lugar o acto de defensa.
I.4. A defensa da tese de doutoramento consistirá na exposición polo/a doutorando/a do labor preparatorio realizado, a metodoloxía, o contido da tese e as conclusións, facendo especial mención das súas contribucións orixinais.
I.5. A defensa da tese de doutoramento realizarase no mesmo idioma en que esta estiver redactada, salvo nos casos en que a Comisión de Doutoramento autorizase previamente o seu defensa noutro idioma. No caso de que a tese non estivese redactada en castelán nin en galego ou fose defendida noutro idioma, o doutorando deberá ler no acto de defensa o resumo dela recollido no apartado 2 do artigo 18 deste regulamento.
I.6. Os membros do tribunal deberán expresar a súa opinión sobre a tese presentada e poderán formular cantas cuestións e obxeccións consideraren oportunas, a que o doutorando haberá de contestar. Así mesmo, os/as doutores/as presentes no acto público poderán formular cuestións e obxeccións, e o/a doutorando/a responder, todo iso no momento e forma que sinale o presidente do tribunal.
I.7. Rematada a defensa e discusión da tese, cada membro do tribunal formulará por escrito unha valoración sobre ela. O tribunal outorgará a cualificación global que finalmente concede á tese consonte a seguinte escala: "non apto", "aprobado", "notable" ou "sobresaliente". O tribunal poderá outorgar a mención de ?cum laude? se a cualificación global é de sobresaliente e emítese, en tal sentido, o voto favorable por unanimidade.
En todo caso, a cualificación que proceda farase constar no anverso do correspondente título de doutor.
Información relativa al sistema de garantía de calidad
Sistema de garantía de calidade