Mestrado Universitario en Intervención na Discapacidade e na Dependencia

Condicións

Descargar arquivo pdf

Presentación

O Mestrado Universitario en Intervención na Discapacidade e na Dependencia da Universidad de A Coruña ofrece unha visión integral da temática da discapacidade e da dependencia, cunha notable coherencia interna dos contidos, desde unha perspectiva psicolóxica.
Despois dunha serie de materias que teñen unha función de fundamentación teórica sobre o desenrrolo, a aprendizaxe e a intervención temperá nestas personas, abórdanse temáticas de indudable relevancia e funcionalidade, como son as de avaliación da discapacidade e a dependencia, os trastornos sociais e motivacionais asociados a esta problemática, a intervención nos trastornos da linguaxe e da comunicación e a intervención nas familias.
Finalmente, ofrécese unha visión global da intervención na dependencia, especialmente ligada ao ámbito da xerontoloxía, abordando temáticas de gran importancia e indudable actualidade como as demencias, o bienestar psicolóxico dos coidadores de persoas dependientes e o envellecemento saludable ou satisfactorio.

Perfil recomendado

O Mestrado Universitario en Intervención na Discapacidade e a Dependencia está dirixido a persoas que poseen algunha das seguintes titulacións:
Mestre
Educación Social
Logopedia
Terapia Ocupacional
Fisioterapia
Enfermería
Psicoloxía
Psicopedagoxía
Socioloxía
Dereito
Económicas e Empresariais

Saídas profesionais

O mestrado que se propón cubriría un vacío formativo na universidade galega ao permitir a estes graduados
alcanzar unha especialización nun campo que ten unha evidente proxección social e profesional.
Estratéxicamente a universidade da Coruña, que posee titulacións cun marcado perfil aplicado e orientado á intervención nas diferentes manifestacións da discapacidade e da dependencia (por exemplo, fisioterapia, enfermería, educación social), completaría o seu proceso formativo coa instauración deste mestrado.
Como se puxo de relieve recentemente coa promulgación da lei da dependencia, existe un interés
cada vez maior na sociedade por prestar a adecuada atención ás persoas con discapacidade e dependencia, que constitúen un importante colectivo de desfavorecidos, con importante riesgo de exclusión social. A prestación dunha atención de máxima calidade debe pivotar, ademais de na provisión dos necesarios servicios sociosanitarios e no necesario desembolso económico das administracións, na formación de profesionais que coñezan este ámbito e sepan intervir nel.
Por outro lado, este mestrado permitiría ofertar unha formación específica nesta problemática, de marcado interés social, a graduados procedentes tanto do campo da saúde como do ámbito social e xurídico, favorecendo así o imprescindible achegamento e sinerxias entre as aportacións de ambos ámbitos.

Requisitos de acceso

Perfil de ingreso Titulacións:
Mestre; Educación Social; Logopedia; Terapia Ocupacional; Fisioterapia; Enfermería; Psicoloxía;
Psicopedagoxía; Socioloxía; Dereito
Económicas e Empresariais
Outras condicións de admisión
Valoración de méritos curriculares (expediente académico e currículum vitae)
Entrevista, si é necesario
Sistemas de admisión e criterios de valoración de méritos
Aplicaránse os seguintes sistemas e criterios de admisión, unha vez recibida a solicitude formalizada dirixida
ao coordinador do programa de posgrado:
1) Valoración de méritos: Expediente académico, currículum vitae.
2) Entrevista si é necesario.
Estos criterios de valoración publicaranse con anterioridade ao inicio do proceso de selección de candidatos. O comité de selección ponderará a puntuación otorgada a cada un dos apartados.
Dada a estructura do programa, podrase facilitar a incorporación de novos alumnos, unha vez iniciado, sólo no primeiro mes do seu inicio. Para estos alumnos, reforzarase o sistema de titorías e deseñarase un sistema de seguimento da aprendizaxe durante o primeiro cuatrimestre.

Caraterísticas

Data no BOE: 14/06/2007

Tipo: Mestrado Universitario

Data do Consello: 15/11/2006

Data do DOG: 14/06/2007


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000