O alumnado deste grao deberá aprender a manexar os conceptos e as técnicas que se empregan nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización. Así mesmo, ten que ser capaz de tomar decisións e asumir tarefas directivas.
Saídas profesionais
Estes titulados están preparados para acceder a postos de traballo de responsabilidade media ou alta en calquera empresa. A súa formación polivalente permítelles coordinar, controlar, organizar, dirixir e planificar os programas de actuación e a política xeral dunha compañía.