Mestrado Universitario en Computación de Altas Prestacións
Presentación
O Mestrado en Computación de Altas Prestacións ten como principal obxetivo a formación de profesionais, tecnólogos e investigadores no campo da arquitectura de computadores e a computación de altas prestacións. Esto incide na formación académica, de investigación e de transferencia tecnolóxica que permitirá aos alumnos incorporarse a centros ou departamentos de innovación, investigación e desenrolo, parques tecnolóxicos, parques industriais, centros de alta tecnoloxía, e/ou empezar a realización dunha tese doutoral no área da computación de altas prestacións.
Perfil recomendado
As titulaciones de acceso aos estudos deste mestrado serán enxeñerías, enxeñerías técnicas, licenciaturas e graos en calquera área de ciencias. Ainda que non se asumen coñecementos previos en computación de altas prestacións, sí se require que os solicitantes teñan competencias en algún ou varios dos seguintes lenguaxes de programación: Java, C++, C ou Fortran.
Saídas profesionais
Incorporación a departamentos de I+D+i: grupos de investigación, centros tecnolóxicos, centros de procesamento de datos, e empresas do sector. Realización dunha tese doutoral en HPC
Requisitos de acceso
Os criterios de admisión basearanse na adecuación do expediente académico aos contidos do mestrado (criterio excluínte) e o expediente académico.