Licenciatura en Psicopedagoxía
Obxectivos formativos
As ensinanzas conducentes á obtención do título oficial de Licenciatura en Psicopedagoxía deberán proporcionar unha formación axeitada nos aspectos básicos e aplicados á Psicopedagoxía.
Saídas profesionais
SECTORES: Gabinetes psicopedagóxicos. Centros de ensinanza.
FUNCIÓNS: Psicoloxía escolar: medición da intelixencia, clasificación topolóxica, probas de personalidade, desaxustes e desfases escolares. Asesoramento en técnicas escolares de educación e didáctica. Orientación profesional. Técnico en diagnóstico educativo. Avaliación e deseño de programas. Prevención e tratamento das dificultades que se presentan nas institucións educativas.