Mestrado Universitario en Migracións Internacionais: Investigación, Políticas Migratorias e Mediación Intercultural

Condicións

Descargar arquivo pdf

Ligazóns

Página web del estudio

Saídas

Web del máster

Saídas profesionais

O Máster mantén unha dobre vocación; formar investigadores especialistas no campo das migracións -como paso previo á formación predoutoral, e desenvolver as competencias necesarias para o desempeño de tarefas profesionais asociadas ao campo das migracións: mediadores culturais en Concellos, Centros Escolares, Ong´s e xestores de proxectos vinculados ás migracións.

Presentación

A proposta de creación dun Máster en Migracións Internacionais: Investigación, Políticas Migratorias e Mediación Intercultural xurde como resposta ante a necesidade e demanda crecente de comprensión, análise e formación xerada polos procesos migratorios e polos fenómenos socioeconómicos que implican ditos movementos migratorios, tanto para as sociedades de acollida como para as de orixe,. No Máster óllase ás migracións como un proceso unitario, que supón un esforzo de comprensión global e un método de investigación interdisciplinar.
OBXECTIVO I: Adquirir coñecementos avanzados sobre os principais movementos migratorios ao longo da historia.
OBXECTIVO II: Dominar as principais ferramentas conceptuais e técnicas que permiten definir un movemento e problemática migratoria como obxecto de estudo e análise.
OBXECTIVO III: Alcanzar un coñecemento avanzado e crítico sobre as principais teorías e debates académicos actuais.
OBXECTIVO IV: Comprender os principios básicos que orientan os distintos tipos de políticas migratorias existentes, a análise da súa eficacia e o deseño e xestión das mesmas.
OBXECTIVO V: Comprender os principios básicos que rexen a comunicación intercultural.
OBXECTIVO VI: Desenvolver unha actividade profesional no ámbito das políticas migratorias ou da mediación intercultural.

Perfil recomendado

Postgraduados en Ciencias Sociais (Socioloxía, Ciencias políticas, Traballo Social, Educación Social, Psicoloxía, Economía, Ciencias da Información...) que queiran especializarse no estudo e práctica das migracións internacionais.

Requisitos de acceso

Sen título universitario oficial. Deberán cumprir un dos seguintes requisitos:
(1)Ter superados os créditos do primeiro ciclo dunha titulación oficial de dous ciclos.
(2) Resolución reitoral de admisión para os que teñan superados 180 créditos que comprendan a totalidade dos contenidos formativos comúns dun título de grao.

Capacidade para traballar con bibliografía e documentación en distintos idiomas.

OUTRAS CONDICIÓNS DE ADMISIÓN (idiomas, probas etc.):

Tras o período de preinscrición, se o número de solicitudes que cumpren cos criterios de admisión superan o máximo de prazas
ofertadas, a Comisión de Selección do Máster activará un proceso de selección sobre os seguintes méritos, debidamente
xustificados, e baremo:
I. Titulación:
1. Título de segundo ciclo ou Grao en Ciencias Sociais e Xurídicas, ou equivalente estranxeiro: 15 puntos
2. Título de primeiro ciclo en Ciencias Sociais e Xurídicas, ou equivalente estranxeiro: 10 puntos
3. Título de segundo ciclo ou Grao noutras áreas académicas, ou equivalente estranxeiro: 5 puntos
II. Expediente académico: ata 35 puntos
III. Experiencia profesional e de voluntariado en temas relacionados con migracións internacionais: ata 35 puntos.
IV. Outros méritos (coñecemento de idiomas, estancias no estranxeiro, achegas científicas e outra formación afín aos contidos do
Máster): ata 15 puntos.
Durante o mes de febreiro do curso en vigor, abrirase outro procedemento de solicitude para a admisión aos módulos ou materias
específicas que se imparten no segundo cuadrimestre.

Caraterísticas

Data no BOE: 09/07/2008

Tipo: Mestrado Universitario

Data do Consello: 23/11/2007

Data do DOG: 09/07/2008

Contacto

Coordinadores :

  • Obdulia Taboadela Álvarez


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000