Os graduados/as en Relacións Laborais e Recursos Humanos posúen unha formación adecuada nas bases teóricas e nas técnicas da organización do traballo e da xestión de recursos humanos; así como da ordenación xurídica do traballo e da Seguridade Social.
Saídas profesionais
Asesor laboral, dirección e xestión de recursos humanos. Xestión, mediación e intervención no mercado de traballo: axentes de emprego e desenvolvemento local. Prevención de riscos laborais. Funcionario das administracións públicas. Auditor sociolaboral. Profesor.