Grao en Logopedia
Obxectivos formativos
O grao en Logopedia habilita para a profesión regulada de logopeda. Esta titulación desenvolve estudos relacionados con todos os aspectos da comunicación que poden manifestarse como trastornos na voz, articulación, comprensión, simbolización e expresión oral e escrita, relacións sociais e pensamento.
Saídas profesionais
Logopeda en centros hospitalarios, residencias da terceira idade, fundacións de diminuídos psíquicos e físicos, asociacións de enfermos crónicos e centros de ensino públicos e privados.
Perfil recomendado
Persoas con vocación e motivación para adquiriren os coñecementos propios da intervención logopédica ao longo da carreira, mediante a autoaprendizaxe e a aprendizaxe grupal. Con capacidade para coñeceren e comprenderen os fundamentos biolóxicos (anatomía e fisioloxía), psicolóxicos (procesos e desenvolvemento evolutivo), lingüísticos e pedagóxicos da dita intervención na comunicación, a fala, a audición, a voz e as funcións orais non-verbais.
Presentación
A implantación da diplomatura de Logopedia cumpriu un duplo propósito. Por un lado, tratábase de dar carácter oficial universitario a uns estudos xa existentes, mais non regulados, para os que existía unha demanda social pouco atendida e unha demanda laboral potencial sen canalizar; e, polo outro, de responder a esa demanda formando profesionais capacitados. Os diplomados en Logopedia obtiveron unha boa formación e están preparados para afrontaren diversos retos profesionais, con capacitación para desempeñaren labores de prevención, diagnóstico e tratamento dos trastornos da linguaxe e a comunicación nos ámbitos da saúde, a educación ou os servizos sociais.
O grao abre ademais a posibilidade de realizar labores de investigación e na Universidade da Coruña, así como contribúe a completar os estudos relacionados co desenvolvemento, a educación e a intervención (avaliación e tratamento) sobre todos os aspectos da comunicación, que poden manifestarse como trastornos.
Saídas profesionais
O grao en Logopedia habilita para a profesión regulada de logopeda.
Inserción laboral
No ámbito sanitario (centros hospitalarios, clínicas...), educativo (centros de ensino, educación especial, equipos psicopedagóxicos...) e asistencial (residencias, fundacións, asociacións...).
Requisitos de acceso
Os criterios de acceso serán os establecidos con carácter xeral pola Administración educativa e a UDC. Non se considera necesario realizar probas de acceso especiais para esta titulación.