Mestrado Universitario en Xestión e Políticas Públicas

Condicións

Descargar arquivo pdf

Ligazóns

Páxina web do estudo
Folleto informativo

Presentación

O Mestrado en Xestión en Políticas Públicas é un título universitario oficial impartido pola Universidade da Coruña. Proporciona aos alumnos os coñecementos e as competencias educativas en políticas públicas, preparándoos para o seu deseño e capacitándoos para liderar a súa execución tanto no sector público como en organizacións non gobernamentais, así como a formación necesaria para iniciarse no ámbito da xestión e as políticas públicas. Unha vez rematado, os alumnos que o desexen poden acceder ao Doutoramento.
A metodoloxía docente é presencial (horario de tarde, de luns a xoves) e interactiva, con grupos reducidos. Dentro da formación inclúense prácticas na administración (validables por experiencia profesional), coa colaboración da Excelentísima Deputación da Coruña.

Perfil recomendado

Terán preferencia de ingreso no MXPP os titulados da rama xurídico-social sobre alumnos doutras titulacións. No 2º cuadrimestre poderase optar entre a especialidade de Economía, políticas urbanas e territoriais, axeitada para os estudantes con formación económico-empresarial, ou pola de Políticas sociais.

Saídas profesionais

Administracións Públicas e organizacións que promovan ou avalíen políticas públicas, consultarías que traballen para a Administración e organismos de investigación.

Requisitos de acceso

Título universitario oficial español (licenciado, diplomado ou graduado) ou estranxeiro equivalente.

Características

Fecha en el BOE: 26/02/2010

Tipo: Mestrado Universitario

Fecha del Consejo: 10/12/2008

Fecha del DOG: 26/02/2010

Contacto

Coordinadores :

  • Ángel Santiago Fernández Castro


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000