Exposición: Cabria para NORMAL

3/4/22 10:29 AM

  • Exhibition

Do 11 de marzo ao 10 de xuño. Inauguración o venres 11 ás 19.30 h.

CABRIA PARA NORMAL é unha proposta para a cal, emulando as cabrias de Muxía, Diego Vites propón ocupar cunha grande estrutura de madeira a case totalidade do espazo expositivo de NORMAL, converténdoo nun lugar para a experimentación, nun proxecto que abordado desde diferentes disciplinas ten como obxectivo a análise e a observación das formas, dos materiais, dos movementos e dos usos que se dan nese proceso artesán para trasladalos ao eido da arte contemporánea.
 
CABRIA PARA NORMAL pénsase desde a fraxilidade do momento actual, un instante en que a etiqueta do popular toma direccións contraditorias, que desactivan para o pobo o valor da filiación cos seus sinais de identidade, desembocando nunha deriva folclorizante que promove a esaxeración dos rituais propios
 
(Texto: Ángel Calvo Ulloa).
 
 
Logo Deputación

Published by: Cultura