100 BOLSAS FORMATIVAS IGAPE. NOVOS TITULADOS

PARA A REALIZACIÓN DE PROXECTOS DE MELLORA NAS PEMES GALEGAS

 igape

 

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución do Igape coa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, do programa de bolsas formativas para a realización de proxectos de mellora nas pemes galegas, no ámbito do programa Reacciona.

  

O obxecto da convocatoria aberta é a concesión de 100 bolsas para a realización de prácticas formativas incardinadas en programas de mellora nas pemes galegas, coa finalidade de formar a titulados universitarios en diversas áreas relacionadas coa profesionalización e desenvolvemento estratéxico da empresa.

A convocatoria está aberta a universitarios galegos que obtivesen a súa titulación en 2011 ou anos posteriores. O prazo para a presentación de solicitudes rematará o próximo 14 de setembro.

 

Os titulados incorporaranse en primeiro lugar a un itinerario formativo especificamente deseñado para a participación no programa, e a continuación realizarán prácticas formativas baixo a tutela de axentes colaboradores do Igape en proxectos de mellora de pequenas e medianas empresas, apoio ao emprendedor ou proxectos colaborativos de asociacións ou clusters empresariais, período no que recibirán formación e titorización directamente por parte do axente colaborador. 

  • A duración inicial da bolsa establécese nun máximo de doce meses
  • As bolsas estarán dotadas cunha cantidade base anual de 10.800 euros brutos por bolsa

 

Resolución DOG

Ficha resumo