VEN COÑECER AS COOPERATIVAS!

Unha oportunidade para cambialo todo

Venres 2 de xuño de 2017 de 18 a 20 h.
Auditorio 2 do Edificio CINC da Cidade da Cultura de Santiago

 Ven_coñecer_cooperativas

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O cooperativismo e a economía social continúan crecendo en Galicia. Cada vez somos máis as empresas con valores que escollemos o cooperativismo como unha alternativa real para empezar a cambiar o mundo.

Gustaríanos contar coa túa presenza neste evento no que escoitaremos as experiencias de persoas comprometidas, botaremos unhas risas cun espectáculo de humor sobre as cooperativas, e compartiremos unha degustación de produtos cooperativos.

PROGRAMA:

17.30 h. Recepción

18.00 h. Celso Gándara, presidente da Unión de Cooperativas Espazocoop e Covadonga Toca, Secretaría xeral de Emprego, inauguran e presentan o evento

18.30 h. O escritor Suso de Toro reflexiona arredor do cooperativismo como factor de cambio social

19.00 h. A compañía de teatro A Panadaría presenta unha peza arredor das cooperativas creada especialmente para este evento

19.15 h. Clausura a responsable de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde do Concello de Santiago, Concepción Fernández

19.30 h. Degustación de produtos cooperativos

 

Cumprimenta este formulario confirmando a túa asistencia ao evento.

 

Convoca: Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas.
Colabora: Rede Eusumo | Consellería de Economía, Emprego e Industria - Xunta de Galicia