Procedemento de admisión/selección por parte da CAPD

Cada Comisión Académica dun Programa de Doutoramento (CAPD) resolverá as solicitudes de admisión conforme aos requisitos e criterios establecidos na memoria de verificación do programa, e elaborará as listaxes provisorias das persoas admitidas e excluídas (especificando o motivo da exclusión). De ser o caso, confeccionará unha listaxe de agarda.

No caso de que o alumnado careza da formación previa completa esixida no programa, a admisión poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos establecidos na memoria de verificación.

Contra a decisión da CAPD, o alumnado poderá presentar reclamación diante da Comisión Académica nos prazos sinalados para tal efecto. Unha vez resoltas, publicarase a listaxe definitiva de persoas admitidas.

No caso do alumnado estranxeiro pendente da resolución reitoral declarando a equivalencia dos estudos cursados, deberá figurar como admisión condicionada a resolución reitoral de equivalencia favorable na proposta de persoas admitidas no programa.

A UADI do centro responsable da xestión académica do programa de doutoramento e o/a coordinador/a do programa, unha vez publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas, introducirá as admisións na aplicación informática e enviará á Oficina de Doutoramento a documentación acreditativa presentada polo alumnado debidamente cotexada