Novas

  • GRADschools: CURSOS DE FORMACIÓN COMPETENCIAL PARA XOVES INVESTIGADORES:

Estes cursos están dirixidos prioritariamente a xoves investigadores que realizan a súa tese de doutoramento matriculados por primeira vez nun Programa de Doutoramento da UDC nos cursos 2011-2012 ou 2012-2013.

convocatoria_GRADschool_2013[1]

formulario_solicitude_GRADschools_2013

 

  • CONVOCATORIA DE CONTRATOS PREDOUTORAIS DA XUNTA DE GALICIA

A convocatoria de contratos predoutorais da Xunta de Galicia ven de ser publicada no DOG hoxe 9 de agosto de 2013:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130809/AnuncioG0164-020813-0006_gl.pdf

Dadas as datas nas que se produce a convocatoria, é de salientar que o prazo de solicitudes rematará o día 9 de setembro. Como son as universidades as que deben presentar as solicitudes, fixarase un prazo previo interno na UDC, para recibir a documentación dos interesados no servicio de investigación ata o 2 de setembro de 2013. Dados os requisitos da convocatoria, estase a traballar para ampliar o prazo de solicitudes de admisión nos estudos de doutoramento de xeito que poda comezar cara ao 20 de agosto.
 

 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000